Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Sotelo Blanco Edicións publica, na súa colección de narrativa, “Os ausentes de Casteltón”, de Jacobo Barros

Páxina a páxina, Jacobo Barros vai describindo as duras condicións de vida neste microcosmos, un mundo tremendamente reducido e pechado, poboado por personaxes que fluctúan entre o sentimento de derrota e a loita diaria por sobrevivir. A camaradería, a heroicidade dunha vida no límite, no gume sempre da supervivencia, son obxecto do interese do autor, que rende homenaxe aos mariñeiros galegos, os eternos ausentes, uns seres esquecidos polo mundo e conscientes do seu abandono.

Os ausentes de Casteltóné froito da estreita relación do autor co mar, unha ollada realista e ao mesmo tempo cargada de sensibilidade e humor sobre o mundo da pesca en Galicia. Os temporais incesantes que fan dos barcos pesqueiros xoguetes no mar e as esgotadoras xornadas de traballo, prolongadas de maneira interminable pola progresiva falta de peixe, volven o día e a noite unha vixilia ininterrompida que fai dos homes a bordo “… sen a mínima queixa audible, unha tripulación de xestos autómatas intimamente aprendidos como o bater das ás para un insecto…”.

Esta historia viva está narrada na fala dos mariñeiros galegos do Gran Sol; unha lingua chea de gheadas, seseante e musical, mesturada de neoloxismos e xiros propios do oficio que fan deste un vehículo de expresión totalmente xenuíno. É nesa lingua onde a nostalxia da casa, das mulleres, a dificil convivencia e a tenrura ás veces acadan a súa mellor expresión, unha lingua que seguirá viva mentras haxa peixes no mar.

Jacobo Barros(A Coruña 1971-Papúa Nova-Guinea 2002), biólogo de profesión, alpinista e viaxeiro infatigable, o seu amor pola natureza e a súa curiosidade pola vida levárono aos lugares máis apartados do mundo. O 24 de maio de 2002, no transcurso dunha das súas viaxes, atopándose en Papúa Nova-Guinea (Indonesia), perdeu a vida nun accidente no mar.

ISBN:84-7824-479-4 Prezo:14,00 Euros
www.soteloblancoedicions.com

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información