Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Roda presenta o seu duodécimo traballo discográfico: A roda alalá adorA

A piques de cumprir trinta anos, e xa consolidados como precursores ou pioneiros dentro do panorama da música popular galega, A RODA vai presentar o último proxecto da formación, que suporá, ó mesmo tempo, o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título A roda alalá adorA, xúntanse en total doce pistas, nun abano de diferentes rexistros, que van dende a música folk-instrumental, ata a máis senlleira e característica canción tradicional galega, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso.

Atopámonos por tanto, cunha rara avis dentro do conxunto da producción fonográfica da formación, un disco que, coma o seu propio nome palindrómico indica, encerra toda unha fiosofía especular (que se mantén coma constante nos textos que podemos apreciar no interior do libreto, entre os que destacamos o poema do escritor Gonzalo Navaza), unha filosofía especular e ambigua que se reflicte na propia letra picaresca de: e por culpa do teu, tema que garda coma tesouro a típica retranca galega, e doutra serie de cantigas, que, coma nun espello de si mesmas, din máis do que realmente din ou do que queren dicir. A fin de contas, unha aposta lúdica (véxase a busca da interactividade co espectador a través dos textos), que, como se expresa no propio título, achega ao oínte a un dos cantos ou estilos con máis sona na música tradicional galega, como é o alalá, ao que fai mención o tema que abre este CD: alalá do mariñeiro.

Debemos catalogar este traballo como un punto de inflexión na traxectoria discográfica global da formación, así, A Roda mantén os presupostos que a caracterizan, ao tempo que entra sen concesións, no eido da música instrumental, con dous temas: Freixido e Polca dos areeiras. Melodías arranxadas polo grupo, que achegan ao mesmo a esta dimensión denominada con propiedade como folk-instrumental, ademais de ofrece-la posibilidade de enxergar novos camiños e horizontes, sempre baixo a denominación de orixe da Música Galega.

BIOGRAFÍA-DISCOGRAFÍA

Un grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda formaron alá polo ano 1976 A RODA.

No ano 1977, grazas a un trato cun responsable dunha multinacional, xurdiu o primeiro traballo discográfico do grupo co título A RODA, que incluía cancións coma Pousa, pousa , O andar miudiño ou O gato. Por este traballo recibiu un ano despois o Premio da Crítica Galega.

Axiña chegou o seu segundo LP, titulado FALEMOS GALEGO, no que se incluían as coñecidas Foliada do Celta e Falemos galego; e posteriormente aparecería o terceiro LP, PRA OS AMIGOS, na liña dos anteriores.

Dende a súa primeira gravación, A RODA percorreu toda a xeografía galega, asemade viaxaron tamén aos Centros da Emigración (Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña, Bélxica e outros), onde sempre disfrutaron dunha boa acollida.

Despois dunha longa paréntese sen gravar, chegou no 1990, o seu cuarto LP, OS MARIÑEIROS, no que aparece a picaresca e retranqueira cantiga Os bistéqueles.

Entre outubro do 1990 e xuño do 1991 foi o grupo máis votado pola audiencia galega no programa MIRADOIRO.

O seu quinto traballo discográfico, titulado EU TEÑO UN COMPADRE, apareceu no 1992. Este disco supón a iniciación no eido da composición, tanto musical como literaria, da formación, como acontece coa musicación do poema de Fermín Bouza Brey: Eu teño un compadre (que dá título xenérico ó disco), ou na autoría de música e letra en A gaibota.

No 1993 aparece o seu sexto traballo, A RODA RODANDO, escolma ou escolla dos éxitos da formación.

O 24 de febreiro do 1995, a Institución ORDE DA VIEIRA tivo a ben nomear A RODA como mellor conxunto de canción popular galega e galardoou ao grupo cun diploma e a Vieira de Prata á calidade artística. Nese mesmo ano aparece OS QUINTOS, no que se establecerá o organigrama do conxunto musical que informará as obras futuras, diversificado ou bifurcado básicamente en cantiga de autor (textos reltaivos a personalidades representativas das nosas letras ou ben textos autógrafos) e cantiga tradicional ou popular, xénero este, vencellado a formación dende ó seu berce, e, como é de colixir, inescindible do seu repertorio, tanto fonográfico como referente ao directo.

Ademais dos premios antes mencionados, A RODA tamén conta no seu haber, entre outros, cunha Huaca de oro recibida en Panamá no 1994, outorgada á formación en consideración á súa bagaxe musical, así como en recoñecemento do feito de ser un dos poucos grupos galegos convidados a tocar alí. Cómpre mencionar tamén o premio Luar á traxectoria profesional.

As últimas gravacións da formación son: LEMBRANZAS (1995) disco recopilatorio. NA BRANCA NOITE (1996), disco que supón unha homenaxe á gran tradición que ten o xénero da panxoliña, así como á importancia que acadou este xénero no conxunto do cancioneiro popular galego, e na literatura galega en xeral. ONDE GALICIA É PORTUGAL (1998). R.C. CELTA - A RODA (1999). AÍ O VÉN (1999) disco publicado e editado en colaboración co Xacobeo 99, no que se inclúen dúas cancións autógrafas que A RODA realiza con motivo do mencionado evento. Estas dúas cancións atópanse tamén no recente O SON DO CAMIÑO (2004). Por último cómpre facer mención da recente edición especial que realiza La Voz de Galicia, baixo a colección Son de Galicia do disco PRA OS AMIGOS.



www.grupoaroda.com

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información