Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Inaugúrase en Lugo a exposición: Badías (Cabo-verdianas na Mariña)

Ao acto asisten o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, a concelleira de Cultura, Concepción Burgo, a deputada da Deputación Provincial María Fe Rodríguez; un representante da Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín e a autora da mostra, a antropóloga da Universidade de Trâs-Os-Montes e Alto Douro Lucía Oca González. Tamén están presentes algunhas das compoñentes de ‘Batuko Tabanka’, o grupo de caboverdianas afincadas en Burela, que interpretarán algún tema do seu repertorio.

A exposición, que se pode visitar ata o 31 de xaneiro, tenta presentar dous mundos a modo de espello: Cabo Verde e Galicia. Segundo afirman responsables da mostra “son dúas caras dunha mesma realidade, entre as que existen potentes vínculos: orixe e destino das mulleres badías que forman parte desta corrente migratoria”. O seu obxectivo é “achegar unha ponte no camiño da comprensión dos problemas, beneficios e retos da convivencia e fuxir da simple coexistencia entre persoas de diferentes culturas”.

A mostra divídese en 8 epígrafes que son: ‘Badías: “Mulleres da Ilha de Santiago de Cabo Verde”’ no que se explica que a orixe deste termo provén do nome dado aos escravos que fuxían do seu cautiverio e se instalaban nas montañas, lonxe dos seus amos; ‘Expresións da identidade’ tales como a lingua, música, baile, gastronomía; ‘Mar’, o traballo no mar é a razón principal do asentamento da comunidade nas terras da Mariña; ‘Maternidade’, a emigración supón unha alteración da organización familiar; ‘Neno/as’ que precisan de pontes interculturais para xestionar unha identidade positiva; ‘Pilón’ ou muíño manual de orixe africana; ‘Terra’, o volcánico e o granítico: África e Galicia e ‘Traballo’que reflexa os traballos que realizan as mulleres badías.

Todo o material que se pode contemplar na mostra é froito do traballo de campo feito pola antropóloga da Universidade de Tâs-Os-Montes e Alto Douro, Lucía Oca González, durante catro estadías na Illa de Santiago e na Mariña Luguesa dende xullo do ano 1998 ata hoxe.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información