Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O concello de Corcubión acollerá este venres os actos de entrega do III Premio de Traducción Plácido Castro

Este premio ten unha dotación de tres mil euros e é o único que existe en Galicia para recoñecer o esforzo de incorporación ó galego das grandes e pequenas obras da literatura universal.
Con tal motivo, se inaugurará unha exposición sobre Plácido Castro: un compromiso universalista e un videorama que efectúa un percorrido pola súa traxectoria vital, dende este seu Corcubión natal (1902) ata os seus derradeiros días nas terras do Salnés (1967).
Ademais, Manuel Vieites, profesor e crítico e investigador teatral disertará sobre a relación de quen foi autor da traducción de Almas Brujas, de Linares Rivas, ao inglés, co teatro galego. O titulo da exposición é: Plácido Castro e o teatro galego: nación contra rexión. Será no marco da V Conferencia Anual Plácido Castro, coa que se pretende manter a viva esta figura insigne do galeguismo que tanto se preocupou pola arte, a cultura, a política, todo canto tivera que ver coa defensa e dignificación da identidade de Galicia. O Concello de Corcubión editará esta conferencia, ao igual que xa se fixo coas anteriores (Fernando Pérez-Barreiro, Ramón Lugrís, Ramón Villares, Félix Soria).
No marco destas actividades, o Padroado da Fundación Plácido Castro manterá a súa primeira xuntanza ordinaria do ano, que, entre outras cousas, dará a benvida ao concello de Corcubión quen aprobou en pleno o pasado outubro o seu ingreso nunha Fundación que incorpora tamén aos concellos de Vilagarcía de Arousa e Cambados, á Asociación de Traductores Galegos e ao Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
Nesa xuntanza, a Fundación Plácido Castro aprobará o programa de actividades deste exercicio. Aos actos asistirá a Presidenta da Fundación, Susi Castro, filla do autor recordado.
Igadi

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información