O venres 16 celébranse os Diálogos sobre Linguas e Sociedades 2005 organizados pola Fundación Carlos Casares
O 16 de decembro, en xornada única, vanse celebrar nas instalacións da Universidade de Vigo (As Lagoas-Marcosende, Edificio Miralles, sala 4) un encontro denominado Diálogos sobre Linguas e Sociedades 2005, que organiza a Fundación Carlos Casares co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración do Vicerreitoratado de Relacións Institucionais da universidade viguesa. Coordinados polo membro do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares e profesor de Filoloxía da UdV, Anxo Lourenzo, e o filólogo e secretario da Fundación Håkan Casares, esta primeira edición dos Diálogos versará sobre “Diversidade lingüística e intervencions: As políticas da diversidade e a diversidade das políticas”, e contará como ponentes con profesores Abram De Swann, da University of Amsterdam, que falará de Unha ollada sobre o estado da diversidade lingüística no planeta; Joan A. Argenter, da Universitat Autónoma de Barcelona, coa ponencia
A diversidade lingüística: datos, discursos e políticas; Mauro A. Fernández, da Universidade da Coruña, para falar de Argumentos e contraargumentos sobre a diversidade lingüística; Francisco Moreno, da Universidade de Alcalá de Henares, coa intervención Imperialismo lingüístico; e o profesor da Universadade de Santiago de Compostela, membro do Consello Asesor da FCC e secretario do Consello da Cultura Galega Henrique Monteagudo, que pechará os Diálogos coa comunicación Estandarización vs. diversidade? Un dilema das linguas minorizadas.
Está prevista a asistencia dunha cumprida representación de especialistas e persoas vencelladas á sociolingüística de toda Galicia, profesores e alumnos de filoloxía, responsables de departamentos de Normalización Lingüística de concellos e institucións, etc. que foron convidados expresamente pola Fundación Carlos Casares para este evento.

Pedro X. Blanco Llano