O pintor vigués Ramón Trigo fixo unha demostración do seu traballo na presentación do seu libro editado por Faktoría K

A mostra, que permanecerá durante todo o mes de decembro, inclúe ademais a colección de bosquexos, cadernos e probas de cor que Ramón Trigo realizou no proceso de elaboración deste libro co que o artista vigués aborda a complexidade do proceso creativo cunha linguaxe sinxela e unha proposta estética destinada tanto ao público infantil e xuvenil como a lectores adultos.
R.T.