Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

OQO Editora presenta na Chocolatería Cobertor de Estrelas, una historia sobre os meninos da rúa brasieiros

>Cobertor de estrelas é o título da obra que OQO Editora presentará en Santiago o venres 2 de decembro ás 19,00 horas no espazo de Arte A Chocolataría (Rúa Orfas, 5- Santiago). Esa obra inaugura a colección FOQO,destinada a lectores de 12 anos en diante. Esta obra, escrita polo brasileiro Ricardo Lísias está belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta, pintora recentemente galardoada co premio Na Vangarda 2005e co 1º premio dePinturaFundación Araguaney 2005. A obra está traducida polo poeta Antom Fortes.

Na presentación intervirán Itziar Ezquieta, Antom Fortes e Eva Mejuto da parte de OQO Editora.

Cobertor de Estrelas trata de maneira literaria dos problemas vividos polos nenos abandonadas que viven nas rúas brasileiras, miúdos que perderon os vínculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia. É esa a realidade de "Cobertor de Estrelas", un libro escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir; ten a ilusión de que así pode saír do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa. Esta é unha novela de aprendizaxe, na que fronte a esta noiteadversa, Ricardo Lísias interpón a solidariedade dalgúns e, sobre todo, a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.

As ilustracións da artista galega Itziar Ezquieta aportan unha visión persoal, o filtro dunha visión plástica nada convencional, que busca traducir formal e cromáticamente, ese vendaval de imaxes crúas, tinguidas pola inocencia dun protagonista abocado a vivir nunha desatención que resulta conmovedora.

Cobertor de estrelasconvértese nun libro de lectura obrigada, tanto pola súa beleza estética e literaria coma polo seu testemuño social.

Con este título e a colección FOQO, OQO Editora finalizará o ano cunha produción de doce títulos, en galego, castelán e catalán.

OQO aposta polo álbum ilustrado de produción propia, pola existencia dun espazo de creación para autores e ilustradores, buscando novas propostas que recollen diferentes sensibilidades artísticas.

Como proxecto editorial, apóstase pola calidade na edición: encadernación en cartoné e ilustracións a cor, buscando que cada libro sexa único, diferente.
Eva Mejuto (OQO)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información