Movistar incorpora o galego aos telemóbeis
Movistar lanzou ao mercado un telemóbel que xa dá a opción do galego, o Grundig 402i, fabricado por Vitelcom. O aparello ten tamén integrado o dicionario preditivo T9 en galego para enviar SMS máis doadamente. Até a saída deste terminal, Alcatel era a única compañía de telemóbeis que ofrecía o galego como lingua operativa.
A finais do 2004, un grupo de adolescentes de Brión comezaron cunha campaña en favor da galeguización das empresas de telefonía móbil, tanto na perspectiva de que os terminais desen a opción de galego como de que as compañías Movistar, Amena e Vodafone ofrecesen todos os servizos con normalidade nesta lingua, singularmente o servizo de atención ao cliente. A Mesa estendeu a iniciativa destes rapaces e rapazas como unha campaña nacional de envío masivo de solicitudes a estas empresas. A importante presión cidadá conseguida deu lugar xa a algúns cambios, como que Vodafone decidise editar en galego os seus contratos e utilizar a toponimia galega correctamente.
Agora, A Mesa vaise dirixir aos institutos e asociacións que se implicaron directamente na campaña para que coñezan a recente saída ao mercado deste novo telemóbel. Na actualidade, a maioría dos terminais teñen a opción do portugués e non do galego. Neses casos, o colectivo recomenda que se use a versión portuguesa, por ser a máis próxima a nós.
Servizos e carencias lingüísticas de Amena, Vodafone e Movistar
· Calquera compañía telefónica ofrece á súa clientela con contrato a posibilidade de emitir as facturas en galego. Pódese solicitar ese servizo a través dunha chamada gratuíta.
· Vodafone ten un servizo de atención ao cliente en galego das 8 h ás 24 h. Pódese solicitar chamando gratuitamente ao 123. Aí pódese exixir tamén a atención en galego as 24 horas do día. Nestes momentos non hai opción de atención en galego para os contratos de empresas. Pódese presentar queixa co mesmo procedemento.
· Movistar ofrece só para os clientes con cartón prepagamento a activación de todos os servizos en galego. Actívase chamando ao 220. Os clientes de contrato non dispoñen de atención en galego; pódese deixar unha queixa no 609, de balde. A Mesa recomenda que unha vez que se estabeleza contacto co telefonista, se pida que pasen co “coordenador”, que é quen realmente debe recibir as queixas. Outra opción é chamar ao Centro de relación co cliente, é o 109 desde o telemóbel ou o 1486 desde o fixo.
· Amena non dispón de servizo de atención ao cliente nin mensaxería en galego. Pódese deixar queixa, sen custo ningún, no 470 se se chama desde un telemóbel Amena, ou no 656 00 14 70 se se chama desde outro teléfono. Si que é posíbel activar a caixa de voz en galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística