Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xosé Carlos Caneiro felicita o novo ano ao cárcere de Pereiro de Aguiar en Ourense coa lectura musicada de Ámote

Venres 2 de xaneiro de 2004 ás 16.30 horas da tarde na cárcere de Pereiro de Aguiar en Ourense, Editorial Galaxia, Fundación Rayo Vallecano e a Asociación Xestores para a Libertad presentan Ámote de Xosé Carlos Caneiro nun espectáculo de declamación musical guiado polo propio autor.
Ámote é una novela de amor ou, tal vez, un soliloquio que quere converterse nunha gran novela de amor. O protagonista é un periodista misántropo, bebedor, entusiasta, bohemio e romántico que se namora de tódalas mulleres que coñece. Nunca é correspondido. Para espantar a tristeza crea o seu propio amor, que nunca sabemos se é ficticio ou real. Unha dama de ollos verdes que o acompaña dende a súa infancia, que o ama desesperadamente e o axuda a sobrevivir.
Cunha prosa envolvente, atenta aos sentimentos e de forte poder evocador, Caneiro crea un universo narrativo elaborado desde a emoción da palabra e o triunfo da ficción. Cun protagonista inesquecible, con voz e personalidade propia, que racha as convencións e chega a facerse palpable, omnipresente, mesmo veraz. Desde o Bardamu de Louis Ferdinand Céline, nunca un personaxe novelesco falou de maneira tan directa e sincera ao lector. O amor, a emoción da palabra en si mesma, os sentimentos do ser humano, a soidade, a ilusión e a felicidade son os temas dunha novela que nos conta a historia dunha paixón irrepetible, froito da capacidade creadora dun dos grandes narradores galegos de hoxe.
Caneiro (Verín, 1963) comezou publicando poesía no ano 84, foi Premio Xerais de novela con O infortunio da soidade no 92 e Premio Torrente Ballester de narrativa no 96 con Un xogo de apócrifos. No 99 obtivo o García Barros con Tal vez melancolía, e no 2000 Premio Vicente Risco de literatura fantástica coa novela A rosa de Borges. Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa e Premio Blanco Amor por Ébora (2000), é un dos escritores galegos máis traducidos a outras linguas.
Dirección de Comunicación - Editorial Galaxia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información