Mario Regueira gaña o XVIII Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé
O xurado, integrado polos poetas Rosa Méndez Fonte, Miro Villar e Carlos Negro, valorou especialmente no libro gañador a capacidade para introducir un imaxinario poscolonial na poesía galega. Asemade, resaltou a coherencia estructural e temática do libro e a capacidade para construír imaxes simbólicas.
O autor tiña publicado en 2004 un libro de relatos, Rebelión no inverno.(Xerais, colección Abismos). Porén, o xurado acordou que se consideraba autor inédito por non ter publicado ningún título de poesía.
Mario Regueira naceu en Ferrol en 1979 e é na actualidade estudante de Filoloxía Galena na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado textos poéticos en revistas (A Caramuxa e Dorna).
O libro premiado publicarase na colección de poesía Espiral Mayor.
O sábado,día 26 de novembro, entregarase o premio ao autor, nun acto que terá lugar no Casino de Fene ás 20.00. Na ocasión, escoitarase unha loa ao poeta homenaxeado, Xosemaría Pérez Parallé, e pecharase cunha actuación do Conxunto de Metais Santa Cecilia.

Premio Pérez Parallé