Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O actor José García manifesta o seu apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

O actor galego afincado en Francia, José García, ven de manifestar o seu apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, ao tempo que confirmou a súa presenza o próximo día 25 en París xunto a delegación galego-portuguesa que agardará a coñecer a decisión que tome a UNESCO.

José García considera que “a cultura galega ten un valor importantísimo e que debe ser promocionada a nivel internacional”, unha tarefa que se comprometeu a desenvolver en Francia.

Manifestou tamén a súa “admiración” por esta cultural tradicional coma “signo de identidade” que conta cun “valor propio”, confesando que cada ano cando vén a Galicia “gosta máis desta cultura” e das distintas manifestacións que abrangue.

Avanzou Jose García que no futuro ten distintos proxectos franco-galegos nos que podería participar.

José García, nado en Paris en 1966, é fillo de emigrantes galegos afincados en Francia. Este actor formouse profesionalmente no Curso Florent, na escola de circo de Annie Fratellini, e no prestixioso Actor's Studio.
Entre as películas nas que participou cabe salientar "A verdade se eu minto" pola que foi nominado ao César coma mellor actor revelación, "Vostede Primeiro" na que actuou xunto a Daniel Auteuil, e en “Le couperet" baixo a dirección de Costa Gavras. Participou tamén en "El séptimo día" de Carlos Saura, e en “Rire et Châtiment” de Isabelle Doval, a súa muller.
Jose García ten no seu haber o premio Jean Gabin do ano 2001. Na actualidade converteuse nun dos actores máis queridos polo público francés.
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información