Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, clausura o ciclo de representacións da obra de teatro Tic, Tac, sons dunha nave

O Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia, clausurou en Santiago un ciclo de dez representacións que puxo en marcha a compañía Teatro Buratini e que se veu desenvolvendo ao longo desta semana en diferentes cidades de Galiza (A Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense e Santiago). A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño, e o concelleiro de cultura de Santiago, Néstor Rego, tamén asistiron á representación.

A peza leva por título “Tic-Tac sons dunha nave: a ilusión do tempo” (descubrindo a Einstein no Ano Internacional da Física), e trátase dunha versión adaptada para a Semana da Ciencia da creación teatral “Sons dunha nave”. A iniciativa forma parte das máis de cen actividades que se están a desenvolver en toda Galiza neste mes de novembro con motivo da celebración da cuarta edición da Semana da Ciencia.

A Física segue a ser unha disciplina lonxana e pouco prezada polos escolares debido, en grande medida, á súa complexidade. De aí que unha das finalidades desta obra de teatro sexa a de facer fincapé na presenza da Física na vida cotiá, coa intención de facela útil e atractiva. A montaxe teatral quere tamén invitar ao público asistente a pensar sobre a noción do tempo, unha noción da Física que cobra importancia nesta celebración en homenaxe a Einstein.

Unha metáfora plástica da teoría da relatividade

O espectáculo está protagonizado por dúas actrices que, ademais de interpretar os personaxes principais da obra –o avó Alberte Einstein, a súa neta Esperanza e a escultora Mira Neto-, manipulan títeres de variña, de luva e outros obxectos. A amenización corre a cargo da banda sonora orixinal da peza, composta pola artista de música contemporánea Merran Laginestra e que recolle estilos que nacen da mestizaxe do jazz, do blues, da improvisación e das tendencias electroacústicas. A posta en escena, pola súa parte, está inspirada no artista plástico Ernesto Neto. O valor, a percepción, a ilusión e a escravitude do tempo son algúns dos piares dun argumento que constitúe toda unha metáfora plástica da teoría da relatividade especialmente deseñada para os nenos.

Teatro Buratini representou a obra de teatro nas cidades da Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense. Coas dúas funcións previstas para hoxe no Auditorio de Santiago de Compostela (unha ás dez e media da mañá, á que asistirán os CPI Campomaior e Felipe Castro e outra ás doce e cuarto da mañá para o Colexio Fontiñas e o CEIP Vite, en total 219 escolares), serán un total de 1.579 os rapaces galegos de entre 9 e 11 anos que asistiron ás funcións.

A iniciativa está organizada pola Delegación do CSIC –Consejo Superior de Investigaciones Científicas– en Galiza, e constitúe a primeira aposta no país polo teatro-ciencia, é dicir, pola divulgación do saber científico no ámbito educativo a través do teatro. A compañía Teatro Buratini conta cunha traxectoria de máis de mil representacións de contido pedagóxico realizadas en colaboración con diversas entidades públicas e privadas, galegas e estatais, no marco de campañas escolares de animación, educación e sensibilización cara o feito cultural dende o teatro.

Ciencia, arte e bioética nun programa cheo de actividades

Outras actividades previstas en Santiago de Compostela con motivo da Semana da Ciencia son as seguintes: ás dez da mañá comeza unha xornada de portas abertas na facultade de Xeografía e Historia para presentar os proxectos de investigación do Departamento de Historia da Arte e un ciclo de conferencias e mesas redondas sobre temas de interese vinculados a esta disciplina. Ás sete da tarde, a Fundación Caixa Galicia acolle un debate sobre “Cuestións actuais de Bioética: os retos da Ciencia. Expectativas ante un futuro incerto”, unha actividade que trata de achegar ao público o estado actual da ciencia no tema a debater dende unha perspectiva de interdisciplinariedade.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información