Análise dende a lingua oral ata internet no VI Seminario Internacional de Tradución e Poética
O colectivo de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia (AULIGA) inaugurou en Rianxo o VI Seminario Internacional de Tradución e Poética, que se prolongará ata o vindeiro sábado. O encontro reúne especialistas procedentes de diversas comunidades linguísticas a ambos lados do Atlántico, propondo a Galicia como canle para o intercambio de experiencias. Na primeira mañá desta sexta edición do Seminario, Marina Sanfilippo, Stacey Alba D. Skar, Xosé María Gómez Clemente e Elena Bárcena aportaron unha ampla visión da lingua con intervencións que abrangueron dende o conflito oralidade/escrita ata as ferramentas telemáticas para tradutores, pasando pola complexidade de traducir un testimonio e a análise da situación da tradución en Galicia.
M. Sanfilippo: “Hai un desprestixio da oralidade no mundo occidental”
Baixo o epígrafe Do escrito ao oral: contos e narracións entre dous mundos, a profesora italiana Marina Sanfilippo analizou a dificultade que supón levar un texto oral ó papel, “porque a escrita só ten a palabra, mentres que a oralidade conta con múltiples códigos que poden sustituír as verbas, coma o silencio, o ritmo, os xestos ou a entonación”. “Os signos extraverbais son tan importantes coma a palabra”, dixo, e estimou que a narración oral é cambiante en función do auditorio, que pode apoiar ou censurar ó narrador, amosándolle confianza ou todo o contrario.
Sanfilippo fixo referencia ós contacontos, “un movemento incipiente en Galicia, entre a animación á lectura e adiversión nocturna”, mentres que “en Italia ten xa unha dimensión artística”. Citou tamén escritores, coma o coruñés José María Merino ou García Márquez, que se opoñen a que narradores conten os seus relatos. Outros, coma Suso de Toro, aprecian sen embargo que os seus textos se trasladen á fala. “Hai, por unha banda, un malentendido e, por outra, un desprestixio da oralidade no mundo occidental, onde a escrita se considera o modelo lingüístico”, emplicou Marina Sanfilippo. A docente da UNED exemplificou ese desprestixio asegurando que “a palabra ‘oralidade’ nin sequera aparece no dicionario da Real Academia Española”. Sanfilippo considéraa “unha expresión artística”, pese a que “a lingua oral é descoidada, incompleta e informal”.
A profesora italiana aludiu tamén ó conto coma o “xénero literario que viviu entre dous mundos”, o oral e o escrito, “con moitos cruces”. “A esta mestizaxe débese a complexidade dos contos indoeuropeos fronte ós amerindios”, asegurou.
Stacey Alba D. Skar: “Un testemuño pretende o imposible: escribir a dor”
Reconstruír o ‘eu’ testemuñal na tradución de ‘El infierno’ de Luz Arce foi a ponencia da que se encargou a estadounidense Stacey Alba D. Skar nesta primeira xornada do VI Seminario Internacional de Tradución e Poética. A profesora universitaria expuso as dificultades coas que topou ó traducir ó inglés o testemuño da chilena Luz Arce, que foi primeiro vítima e despois colaboradora do réxime militar tras o golpe que derrocou a Salvador Allende. “Un testemuño consiste precisamente en levar a vida ó texto e facer o imposible: escribir a dor”, asegurou Skar.
A tradutora era consciente do grande interese que os investigadores de USA ían ter no seu verquido ó inglés de ‘El Infierno’ e de que a recepción do libro ía ter vixencia nun contexto histórico diferente ó da súa produción. Tamén tivo que ter en conta na tradución as referencias sociopolíticas, que había de explicar a pé de páxina.
A norteamericana expuxo como Luz Arce empregaba ó principio un ton confesional –que transmite un desexo de reconciliación-, porque durante moitos anos tivo que agochar o seu pasado e só podía contarllo ós sacerdotes durante a confesión. Ademais, mediante o testemuño reconstruíase unha voz que previamente fora destruída pola violencia política. “O abuso físico destrúe a linguaxe e a ideoloxía”, explicou Skar, “os que reconstrúen as súas memorias entran de novo no mundo simbólico da linguaxe”, nunha “rearticulación do ‘eu’ que non reproduce o horror, senón que o redefine coma unha historia personal e, á vez, nacional”. Finalmente, a profesora recoñeceu que “a voz na tradución ó inglés non é a do orixinal”, e que o que fóra de Chile se le coma un aporte vital ós dereitos humanos, mentres no país latinoamericano segue a ser rexeitado coma unha traizón por parte da comunidade que experimentou aquel momento histórico e que “agora son protagonistas na pugna entre reconciliación e xustiza”.
Gómez Clemente: “A tradución contribúe a normalizar a nosa cultura”
O presidente da Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Xosé María Gómez Clemente, analizou no encontro de Rianxo a Tradución do galego: estado da cuestión. A UNESCO recoñece ó galego coma unha das 3.000 linguas en perigo de extinción -pese ó progreso na súa dignificación- polos problemas de transmisión xeracional, segundo explicou Gómez Clemente. O profesor da Universidade de Vigo fixo un repaso pola historia da tradución, que foi gañando en interdisciplinariedade, e como se empezaron a traducir importantes obras ó galego xa na idade media. Con A Nosa Terra e Nós, a tradución implica “unha intencionalidade cultural, literaria e política para afianzar o ideario nacionalista”, nun marco sen planificación pese a grande actividade.
Gómez Clemente analizou os datos actuais, que revelan que na actualidade se traduce relativamente cada vez menos. No 2001, as obras traducidas supuñan só o 5,8% dos libros publicados en galego. “A medida que aumenta a produción en galego decrecen as traducións, e este é un dato grave”, valorou o presidente da ATG. Ademais, máis da metade é literatura infantil e xuvenil, así que “háse de apostar por traducir narrativa para adultos, teatro e poesía, que están desatendidas”, asegurou.
O profesor universitario amosouse en desacordo con que a lingua máis traducida ó galego sexa o castelán “porque todos o entendemos” e que non se traduzan linguas minoritarias “coma a nosa”. Lamentou tamén que se desbote a literatura portuguesa en favor doutras que se consideran con máis prestixio, coma a inglesa e a francesa. Citou ademais os problemas de prazos para traducir éxitos de venda e a ausencia do galego na produción científica e técnica mais nos produtos audiovisuais. Sen embargo, valorou o apoio que supón contar cun marco normativo e coa licenciatura universitaria que está a formar tradutores. “Hai que concienciar á sociedade de que esixa produtos culturais de calidade, e un deles é a tradución, que contribúe a conseguir a normalización da nosa cultura e da nosa lingua”, pechou Gómez Clemente.
Bárcena: “A tradución automática sempre é inferior á humana”
Para concluír a sesión matinal do VI Seminario Internacional de Tradución e Poética, a profesora da UNED Elena Bárcena ofreceulles ós asistentes unha selección de Sistemas e ferramentas telemáticas ó servizo do tradutor profesional. Ademais de buscadores e fontes de información xeral, Bárcena referiuse a sitios de información literaria e de tradución, coma www.lib.lsu.edu. Citou tamén fontes de referencia léxica, poñendo como exemplo as aloxadas na web da Unión Europea, e de referencia gramatical e estilística, coma os libros de estilo dos xornais ou a páxina da Real Academia Española. A profesora universitaria, para quen “a calidade dos sistemas de tradución automática sempre é inferior á dos tradutores humanos, profesionais ou non”, puxo de relevo sen embargo a utilidade do sistema ‘systran’.
Entre os corpus que se poden atopar na rede, Elena Bárcena destacou o da Universidade de Vigo, que permite combinar varios idiomas. Sinalou ademais o prácticas que resultan para os traductores páxinas coma www.sutitulum.com, para redactar subtitulos paralelamente ó visionado da imaxe. Por último, Bárcena animou ós profesionais a elaborar a súa propia ‘memoria de tradución’ para certos tipos de escritos científico-técnicos, arquivando os traballos e creando unha base de datos terminolóxica para que o sistema poida recuperar os segmentos semellantes á hora de traducir. “Non temos que ver internet coma unha ameaza, senón coma unha tecnoloxía que nos facilita a vida”, pechou a profesora.
Máis actividades durante a tarde
Una ponencia de Andrés Alonso e Fernando Amoraga sobre Signos do verbo: creaciónmovemento e cinza. Algunhas acotacións xudías en torno a J. Á.Valente e E. Lévinas darálle continuidade esta tarde ó VI Seminario Internacional de Tradución e Poética. Impartiráse logo un taller de Ritmo e Poética, e a cubana Ana María Álvarez Sintes pechará a xornada cun Achegamento á intimidade creadora de José Martí.

Carmen Novas (Seminario de Tradución e Poética)