Exposición: Impresionismo. Obras mestras do Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud
A Fundación Pedro Barrié de la Maza presenta en exclusiva para a Península a exposición Impresionismo. Obras mestras do Museo Wallraf-Richartz-Fundación Corboud. A través dunha coidada escolma de 41 paisaxes a exposición amosa, desde os inicios da pintura ao plen-air até os epígonos postimpresionistas, a evolución técnico-conceptual dun movemento de vangarda que rachou todos os convencionalismos académicos da súa época e abriu o camiño á investigación artística moderna. Gustave Courbet, Camille Pissarro, Charles Daubigny, Alfred Sisley, Claude Monet, Pierre Auguste Renoir, Paul Cézanne, Paul Gauguin, Henri de Toulouse-Lautrec o Henri Matisse, referentes ineludibles na historia da pintura europea de finais do s. XIX, son algúns dos grandes mestres presentes nesta exposición.
Con esta exposición a Fundación Pedro Barrié de la Maza retoma a súa liña de exposicións temporais de pintura de interese histórico, dedicadas tanto a autores universais como a galegos, e que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Nesta liña presentáronse exposicións de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso ou O Greco.
A Fundación editará un catálogo e organizará durante o decurso da exposición unha serie de actividades complementarias entre elas un ciclo de conferencias, talleres didácticos para escolares e visitas comentadas para adultos.
A COLECCIÓN
Museo Wallraf – Richartz - Fundación Corboud
Gérard. J. Corboud, empresario da industria téxtil oriúndo de Friburgo, Suíza, dedicou máis de corenta anos da súa vida ao debuxo, a arte e a pintura.
Nas súas numerosas viaxes por todo o mundo, como home da súa época, mercou pinturas de artistas contemporáneos como Nay, Jawlensky, Nolde, Ernst, Poliakoff, Gromaire, Estève, Uecker, Piene, Hundertwasser e Picasso.
Máis adiante atopou a que sería a súa verdadeira paixón: a pintura dos impresionistas. Descubriu aos postimpresionistas e aos puntillistas, que aínda non eran tan coñecidos nos anos 70 e 80 respectivamente.
Hoxe en día, artistas do Puntillismo como Georges Seurat, Paul Signac, Maximilien Luce ou Henri Edmond Cross, e mesmo moitos outros que se adheriron a esta corrente artística só temporalmente, como Paul Gauguin, Kees van Dongen, Francis Picabia, Vincent van Gogh e Henri Matisse, son tan coñecidos e cotizados como os da xeración máis antiga do Impresionismo: Edouard Manet, Auguste Renoir, Alfred Sisley, Claude Monet, etc.
Tras varias décadas, G. J. Corboud e a súa dona Marisol decidiron albergar a súa colección en Colonia. Para se aseguraren de que a obra da súa vida ficaría unida, en marzo de 2001 realizaron unha doazón en concepto de “préstamo eterno” para proveito do Museo Wallraf-Richartz. Desde entón, este museo leva integrado no seu nome o do seu benefactor: Museo Wallraf-Richartz - Fundación Corboud.
A colección está composta por 170 cadros, impresionistas e neoimpresionistas, obra de importantes representantes destas correntes artísticas como son, entre outros, Camille Pissarro, Alfred Sisley, Pierre Auguste Renoir, Paul Cézanne, Paul Gauguin, Paul Signac, Henri Matisse ou Kees van Dongen. Inclúe tamén traballos de autores como Gustave Caillebotte, Berthe Morisot, Maxime Maufra, Willy Finch, Henri Lebasque ou Maximilien Luce, cuxas obras foron gañando sona nos últimos tempos.
O Museo-Wallraf-Richartz ten as súas orixes na doazón da colección Ferdinand Franz Wallraf (1748-1824), estudoso e coleccionista natural de Colonia. Trátase do museo máis antigo de Colonia así como un dos primeiros museos públicos de Alemaña. Hoxe en día está considerado unha das pinacotecas máis salientables do seu país. O peso da colección reside en obras da Idade Media, o Barroco con autores da talla de Rubens e Rembrandt e o século XIX que, entre outros, inclúe a Colección Corboud.
ARTISTAS REPRESENTADOS NA EXPOSICIÓN
Bernard, Émile (Lille1868-1941 París)
Bonnard, Pierre (Fontenay-aux-Roses/Seine 1867 - 1947 Le Cannet/Alpes Maritimes)
Caillebotte, Gustave (París 1848 – 1894 Gennevilliers)
Cézanne, Paul (Aix-en-Provence 1839 – 1906 Aix-en-Provence)
Courbet, Gustave (Ornans 1819 – 1877 La-Tour-de-Peilz)
Cross, Henri Edmond (Douai 1856 – 1910 Saint-Clair)
Daubigny, Charles (París 1817 – 1878 París)
Denis, Maurice (Granville 1870 – 1943 París)
Dongen, Kees van (Delfshaven/Rotterdam 1877 – 1968 Monte Carlo/Mónaco)
Dubois-Pillet, Albert (París 1846 – 1890 Le Puy-en-Velay)
Finch, Willy (Saint-Josse-ten-Noode/Bruselas 1854 – 1930 Helsinki)
Gauguin, Paul (París 1848 – 1903 Atuona Hiva-Oa/La Dominique, Islas Marquesas)
Jongkind, Johann Barthold (Lattrop/Rotterdam 1819 – 1891 Grenoble)
Lebasque, Henri (Champigné (Maine-et-Loire) 1865 – 1937 Le Cannet/Alpes Maritimes)
Lebourg, Albert Charles (Montfort-sur-risle [Eure] 1849 – 1928 Ruán)
Lemmen, Georges (Schaerbeek 1865 – 1916 Uccle)
Luce, Maximilien (París 1858 – 1941 París)
Martin, Henri (Toulouse 1860 – 1943 La Basteide-du-Vert)
Matisse, Henri (Le Cateau-Cambrésis 1869 – 1954 Niza)
Maufra, Maxime (Nantes 1861 – 1918 Poncé)
Monet, Claude (París 1840 – 1926 Giverny)
Moret, Henry (Cherburgo 1856 – 1913 París)
Morisot, Berthe (Bourges 1841 – 1895 París)
Pissarro, Camille (St. Thomas 1830 – 1903 París)
Puigaudeau, Fernand Loyen du (Nantes 1864 – 1930 Croisic/Bretagne)
Renoir, Pierre Auguste (Limoges 1841 – 1919 Cagnes)
Rysselberghe, Théo van (Gent 1862 – 1926 Saint-Clair/Var)
Signac, Paul (París 1863 – 1935 París)
Sisley, Alfred (París 1839 – 1899 Moret-sur-Loing)
Toulouse-Lautrec, Henri de (Albi 1864 – 1901 Malromé)
Vuillard, Edouard (Cuiseaux 1868 – 1940 La Baule)

Gabinete de Prensa da Fundación Barrié de la Maza