Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Emilio Pérez Touriño resalta a vocación da Fundación Pedro Barrié de la Maza por estender a súa obra social a todo o territorio galego

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño salientou a vocación da Fundación Pedro Barrié de la Maza por estender a súa obra social a todo o territorio galego. Durante a inauguración da nova sede desta fundación en Vigo, situada na rúa Policarpo Sanz, o titular do Goberno autonómico asegurou que o achegamento “maior” da Fundación Pedro Barrié de la Maza ao sur de Galicia e ao Norte de Portugal constitúe “un forte impulso” ao desenvolvemento cultural de toda Galicia e, en especial, “de toda esta zona da nosa xeografía social e económica”, nun momento, lembrou, no que tanto se está a debater sobre a chamada “responsabilidade social das empresas”.

Neste sentido, Pérez Touriño sinalou que, case 40 anos despois da súa creación, os obxectivos de loitar “polo progreso económico, social e cultural de Galicia”, desde unha perspectiva global, seguen a ser “a filosofía” da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

“O ímpeto inicial co que xurdiu medrou, intensificando e diversificando as súas actividades, e hoxe tamén as súas sedes”, asegurou o máximo mandatario galego, quen remarcou que, desde o seu nacemento, esta fundación “soubo penetrar no nervio social e económico” da sociedade galega, axudando a pór en valor o patrimonio e a impulsar “o mellor coñecemento das nosas posibilidades como país”.

“Proxectos tan importantes como a colaboración na restauración do Coro do Mestre Mateo na Catedral de Santiago ou a creación do Instituto de Estudos Económicos de Galicia confirman esta idea fundacional que se entraña co crecemento de Galicia”, subliñou Pérez Touriño.

Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén quixo poñer de manifesto a importancia que teñen, para o desenvolvemento dunha Comunidade, as iniciativas privadas no campo social e cultural, sinalando como exemplo desta contribución a propia Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Galicia Industrial 1750-2005

Así mesmo, Touriño referiuse ao valor estratéxico da cidade olívica dentro da Comunidade galega. “Vigo é a capital galega da Eurorrexión e representa un papel fundamental nas relacións empresariais e culturais entre o sur de Galicia e o norte de Portugal”, asegurou o xefe do Executivo autonómico, lembrando que a súa industria e o seu porto son os “motores” dunha cidade que medra “a un ritmo imparable”.

Por iso, asegurou Pérez Touriño, a Fundación Pedro Barrié de la Maza convértese “no mellor espello” deste progreso a través da exposición inaugurada hoxe baixo o título Galicia Industrial 1750-2005, composta por imaxes, documentos e máquinas que reflicten o desenvolvemento industrial da Comunidade galega desde o século XVIII ata o século XXI. “Con Galicia Industrial –sinalou o titular da Xunta- a Fundación Pedro Barrié de la Maza quere ser fiel á súa filosofía de apoiar a industria, a innovación e o esforzo emprendedor”.

O máximo mandatario galego tamén se referiu ao valor arquitectónico e histórico do edificio da Fundación Barrié de la Maza en Vigo, obra do arquitecto Manuel Gómez Román, e felicitou a Luis Moreno Mansilla e a Emilio Tuñón “polo seu magnífico traballo” de rehabilitación.

Así mesmo, aproveitou a ocasión para felicitar a todos os que traballan no fomento do desenvolvemento da Comunidade e na mellora da calidade de vida dos galegos. “Desde a Xunta de Galicia ofrézolles todo o meu apoio, porque o desenvolvemento das políticas sociais é un dos nosos principais obxectivos políticos”, concluíu Touriño.

Compromiso co desenvolvemento de Vigo

Por último, o máximo mandatario galego comprometeu o apoio da Administración autonómica á cidade olívica. Emilio Pérez Touriño manifestou que “nesta cidade concéntrase o futuro do país”, por iso sinalou que non lle faltará nunca a Vigo “o apoio día a día da Xunta de Galicia, o acompañamento, o sentimento e o afecto”.

Na inauguración da nova sede da Fundación Pedro Barrié de la Maza da mostra Galicia Industrial 1750-2005 participaron, ademais do presidente da Xunta e o vicepresidente da devandita fundación, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras e a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, entre outros.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información