Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Exitosa estrea de Merda, primeira produción da Sala Yago

Argumento de Merda: Luís é un home de trinta anos que leva toda a vida acumulando recordos, medos, culpas, dores, risos e amor. Ata aquí, como todo o mundo. Pero a súa particularidade consiste en que, un día, despois de moito pensalo, decide contalo, mais non a un psicólogo, como fixera no pasado, senón aos mortos do cemiterio. Así, Luís converte o público en eternamente pacientes e inmóbiles espectadores, xa que é no camposanto onde se desenvovle esta historia.

A vida de Luís pode parecer moi común á do resto da xente. Talvez sexa ese, precisamente, un dos seus atractivos. É doado identificarse con el, mais ten algo que o fai diferente: as “figuras”. Desde neno sentiu o impulso de facer “figuras” no aire coas mans cada vez que as cousas non ían totalmente ben. Nas “figuras” el reflicte os medos, o pánico que, no fondo de si mesmo, sente case todo ser humano cando se pregunta pola súa existencia, o seu destino, a transcendencia. Pero, pese ao que poida parecer, el non é un tipo “raro”. De feito, ao longo da vida, experimenta un cúmulo de acontecementos que, de non ser por estar sempre marcados polas “figuras” e os seus particulares medos, poderían ser propios de calquera de nós.

Luís pode parecer un pouco paranoico, un pouco hipocondríaco, un pouco asustado. En definitiva, un pouco “normal”… ou todo o contrario: “de perto, ninguén é normal”, como dicía o cantante. Si, talvez sexa todo iso, e reclama o seu dereito a selo, e reclámao porque vive nunha sociedade que non permite a diferenza. Ten que reclamalo porque ve que a súa filla empeza a ser coma el, e vai sufrir, e ela non o merece, así que o mellor é facer algo para que nunca máis poida tomalo como modelo… e este camposanto parece ser o sitio máis apropiado.
Sala Yago

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información