Aracaladanza mergulla ao espectador nun océano máxico en “Nada...nada”
A compañía madrileña Aracaladanza chega este venres a Tui coa súa última proposta na que integra a danza contemporánea e a linguaxe das marionetas. O espectáculo que presenta, “Nada...nada”, comezará ás 20.30h no Teatro Municipal. As entradas poranse á venda ás catro da tarde ao prezo de 3€, aínda que os menores de 14 anos pagarán só un euro, e aqueles que se beneficien dos descontos establecidos deberán aboar 2€.
Tras trece anos no mundo da danza Aracaladanza amplía horizontes con “Nada...nada” profundizando na relación cos obxectos, algo que xa era “marca de fábrica” desta compañía madrileña. En “Nada...nada” as bailarinas de Aracaladanza comparten escenario con fantásticos animais e personaxes creados pola compañía arxentina “El Nudo Compañía Teatral”.
A partir da construción dun barco de papel Aracaladanza inventa dun xeito máxico unha viaxe iniciática, organizada coa imaxinación e os sonos, transportados á escena grazas a monicreques e marionetas.
A música, composta por Mariano P. e Pascal Gaigne, forma parte do traballo xeral e non é so unha banda sonora.
Con este elementos, bailarinas, monicreques e música, o director artístico da compañía Enrique Cabrera amalgama danza e teatro mantendo o espírito artesanal de todo o proceso. O resultado é unha bela, máxica e artesanal forma de manipular, construír e dar vida aos monicreques.
Colaboración con “El Nudo Compañía Teatral”
“Nada...nada” xorde da colaboración entre Aracaladanza e El Nudo Compañía Teatral. Tras un primeiro intercambio de ideas entre as dúas compañías, estas enfrontáronse ao reto de desenvolver este proxecto, para o cal algúns dos integrantes de Aracaladanza trasladáronse a Bos Aires, e tamén membros de “El Nudo Compañía Teatral” viaxaron até Madrid.
A manipulación directa das marionetas que propón El Nudo Compañía Teatral é unha derivación dunha técnica xaponesa denominada Bunraku, na que dous ou tres manipuladores por monicreque traballan á vista do público. Pero tamén inclúen outras técnicas coma “guante”, “marotte”, “varilla” e “técnicas mixtas”.
Os monecos, que serán manipulados polas bailarinas de Aracaladanza e que foron construídos por El Nudo Compañía Teatral, representan, na meirande parte dos casos, animais ou seres que viven nos fondos mariños. Coloridos algúns, e outro simplemente brancos. Todos son movidos espectacularmente polas bailarinas para crear un ambiente de maxia e mergullar ao espectador nun océano fantástico.
Trátase dun espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos, e para todos aqueles adultos que sexan quen de descubrir ese fantástico mundo.
Enrique Cabrera dirixe en “Nada...nada” ás bailarinas Begoña Frutos, Maite Gámez Salaberría, Billie Pérez, Marta Sainz Toledo, Mireia Sanz Aleu, e Adriana Sulzer. O deseño da escenografía e o vestiario corresponde a Elisa Sanz. Pedro Yagüe fixo o deseño de luces

Concellería de Cultura, Comercio,Turismo e Medios de Comunicación