Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, preside o sábado o acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial en Santiago de Compostela


A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo Rodríguez, presidirá o sábado, ás doce do mediodía, o acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués á UNESCO que se vai desenvolver no Museo do Pobo Galego en Santiago. A Candidatura está promovida pola Asociación “Ponte...nas Ondas!”



O acto comezará coa intervención das autoridades, encargándose a continuación o actor Avelino González de conducir o acto. No mesmo proxectarse o vídeo presentación da Candidatura e o vídeo clip de “Meniños Cantores”. Amais contarse coa actuación en director da Sra. Carmen, do grupo de cantareiras Malvela, coma portadora do Patrimonio Inmaterial e de Uxía Senlle.



Previamente mañá venres ás dez da mañá a praza do Obradoiro acollerá un circuíto aberto de xogos e xoguetes tradicionais. Ao tempo haberá un obradoiro para a elaboración de xoguetes artesanais coma o estraloque de cardo, paraugas de millo e asubíos de landa... cos que posteriormente xogarán os participantes. Tamén se levarán a cabo unha serie de xogos grupais. Estes xogos e xoguetes populares forman parte do Patrimonio Inmaterial que opta a ser recoñecido pola UNESCO.



Este actos que se van celebrar en Santiago de Compostela contan co Patrocinio da Consellería de Cultura e Deporte e coa colaboración do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, e o Concello de Santiago de Compostela.



A Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego - Portugués afronta con estes actos de presentación a recta final da súa promoción e divulgación antes de que o 25 de novembro a UNESCO faga pública a súa resolución en París.





Programa de Actos en Santiago de Compostela



Venres, 21 de outubro de 2005,


Ás 11 h. na praza do Obradoiro terá lugar un circuíto aberto de xogos e xoguetes tradicionais:


• Elaboración de xoguetes: estraloque de cardo, paraugas de millo e asubíos de landra...

• Manipulación dos xoguetes citados anteriormente


• Xogos grupais




Sábado, 22 de outubro de 2005,


Ás 12:00 h. no Museo do Pobo Galego, acto institucional de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego - portugués á UNESCO, baixo a presidencia da Excma. Sra. Conselleira de Cultura e Deporte.


• 12:00 Inicio do acto coa intervención das autoridades


• 12:30 Presentación a cargo do actor Avelino González, quen será o animador do acto


• 12:40 Proxección vídeo de presentación da Candidatura


• 12:50 Presentación e posterior intervención da Sra. Carme, portadora do patrimonio inmaterial


• 13:10 Vídeo Meniños Cantores


• 13:20 Actuación musical a cargo de Uxía Senlle


• 13:40 Clausura


Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información