Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O novo goberno vai estabelecer unha oferta educativa en galego para os menores de tres anos

Carlos Callón e María Xosé Jamardo, o Presidente e a Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, entrevistáronse con Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza. Neste encontro, Carme Adán manifestoulle á Mesa a súa intención de aplicar plenamente, dentro das súas competencias, o Plano Xeral de Normalización Lingüística no ensino, o que significa, entre outras cousas, que se vai estabelecer unha oferta educativa en galego no ensino infantil de 0 a 3 anos. Tamén se vai fomentar a adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, na perspectiva de que este se converta no idioma de base da aprendizaxe escolar. Ademais, A Mesa e a Secretaría Xeral de Igualdade manifestaron a súa disposición a colaborar na organización de xornadas lúdicas destinadas tamén aos máis pequenos e ás máis pequenas, para o cal manterán outro encontro en próximas semanas.


Esta medida de galeguización da educación preescolar, anunciada nesta entrevista coa Mesa, complementa os compromisos asumidos a semana pasada pola Conselleira de Educación nun encontro con esta mesma entidade. Laura Sánchez Piñón deu ordes para que este curso escolar se cumpra o Decreto 247/95, que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario. Ademais, marcou a vontade da Consellaría para que o curso próximo haxa unha nova norma legal que garanta que un mínimo dun 50% da docencia sexa en galego, tal e como se aprobou consensuadamente por PP, PSOE e BNG hai un ano.

A Mesa fai un chamamento a toda a comunidade educativa para que se implique activamente neste proceso ilusionante que significa facer avanzar o galego no ensino, posto que o proceso de normalización lingüística significa unha mellora na calidade xeral da educación en Galiza.
A Mesa pola Normalización Lingüística

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información