Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Consellería de Educación divulgará a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués nos centros educativos

A Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Elena Sánchez Piñón, comprometeu o apoio do seu departamento á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Un apoio que materializará na difusión da Candidatura nos centros educativos galegos coa edición de material didáctico, cartaces, folletos e posiblemente tamén un libro.

Elena Sánchez Piñón recibiu a Santiago Veloso, Presidente da Asociación Pedagóxica “Ponte ... nas Ondas!” promotora da Candidatura, quen acudiu acompañado do secretario da entidade Xabier Prado, e da coordinadora das Escolas asociadas á UNESCO, Luisa Márquez. Durante este encontro a Conselleira foi informada polos promotores do momento no que se atopa a Candidatura a trinta e oito días para que UNESCO emita a súa proclamación.

A Consellería de Educación vai apoiar asemade a visualización ou posta en valor dos traballos sobre o Patrimonio Inmaterial Galego Portugués realizados na escolas ao través da páxina web www.opatrimonio.org segundo informaba Santiago Veloso.

Amais nesta fase decisiva na que se atopa a Candidatura ata o 25 de novembro, a Consellería vai destinar mais profesorado para apoiar os traballos que restan por facer ata que a UNESCO emita a súa resolución. Outro dos compromisos adquiridos por Elena Sánchez Piñón cos membros da Asociación promotora é a ubicación no Museo Pedagóxico de Galicia, o MUPEGA, da exposición da xornada de radiointerescolar “Ponte ... nas Ondas” coma mostra da singularidade desta experiencia pedagóxica, e coma exemplo “a nivel europeo da colaboración entre as escolas de dous países que foi quen de enxendrar unha candidatura ante a UNESCO” segundo explicaba Santiago Veloso. En relación con esta experiencia de radio interescolar Santiago Veloso explicou amais que a Conselleira estudará a proposta que lle fixeron referente a que “Ponte...nas ondas” sexa asumida pola propia Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria xunta a Consellería de Cultura e Deporte, Política Lingüística e a Radio Galega coma “modelo de experiencia transversal a implantar en Galicia e o Norte Portugal”.

Por outra banda a Consellería vai patrocinar a edición e distribución de libro-disco-dvd “Meniños Cantores” que será presentado nun acto público na primeira fin de semana de novembro.

A entrevista coa Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Elena Sánchez Piñón, enmárcase na rolda de contactos que os promotores da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués están a manter cos membros do goberno galego para exporlle os pormenores da iniciativa e solicitar a súa colaboración. Nesta rolda de contactos onte á tarde entrevistáronse co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu.

Beti Rey (Gabinete de Comunicación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información