Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Clausura del I Simposio Internacional Letras na Raia: As palabras voan por riba das fronteiras

O día 16, ás 12:30 horas procedeuse á clausura do Simposio dando lectura ás conclusións, que son as seguintes:
1. A saúde dunha literatura está relacionada coa saúde da lingua á que pertence. Mais a literatura é a súa carta de presentación, o elo que servirá para captar lectores, adeptos, amantes que desde a ponte do texto chegarán ao idioma, para vivilo, reinventalo e sostelo. Os galegos e as galegas contamos hoxe cunha ferramenta fundamental, o xénero que nos puxo en Europa cando o latín deixou de ser a lingua: a poesía, ela pode e debe ser hoxe a embaixadora da nosa cultura, polo seu recoñecemetno a todos os niveis.
2. A literatura galega e a literatura portuguesa manteñen unha relación mediatizada pola cultura española que nos impón o filtro de Madrid. Cómpre rachar con esta visión desenfocada e facer chegar, recibir directamente unha e outra literatura. Por outro lado a falta de normalizade da cultura galega, algo que agardamos que mude desde este novo tempo político, obstaculiza o que debería ser unha relación fluída.
3. Este simposio puxo de manifesto a necesidade de que as relacións entre Galiza e Portugal sexan de bilateralidade. Cultura galega e cultura portuguesa son hoxe elementos identitarios diferentes e definidos, mais proceden dun tronco común que previamente se identificou e definiu respecto doutras realidades culturais. Debemos aumentar o mutuo coñecemento e recoñecemento, un exemplo concreto sería o estudo da lingua e a literatura dun país no outro país.
4. Concluímos tamén a necesidade de que os medios de comunicación: radio, prensa, televisión, galegos e portugueses atendan a esta necesaria bilateralidade creando espazos de participación para galegos e portugueses, nun e noutro lado, coa finalidade de afondar e incentivar o coñecemento e o respecto mutuo.

Finalmente a AELG quere manifestar o seu agradecemento ás asociacións e entidades que apoiaron este simposio: a Câmara Municipal de Vina Nova de Cerveira, a Associaçao do Convento Sao Paio e o Centro Goianés que cederon xenerosamente as súas instalacións; a Asociación Cultural Eliseo Alonso, que nos guiou na visita ao Forte de San Lourenzo e aos patrocinadores: Cedro e a Consellaría de Cultura, que estivo representada ao longo destes días pola Delegada de Cultura en Pontevedra, Dna Marta Souto.
AELG - Asociación de Escritores en Lingua Galega

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información