Nova Galicia Edicións participa con stand propio na Feria do Libro, Liber 2005
Nova Galicia Edicións, S.L. participa con stand propio na Feria do Libro, LIBER 2005, a feira Internacional do Libro máis importante do estado español e un dos referentes deste tipo de eventos do sector do libro a nivel mundial. LIBER ten lugar en Madrid do 12 ao 15 de outubro de 2005 e o noso stand na mesma está situado no pavillón 3 e ten o número 3C331.
No marco de LIBER, o director de Nova Galicia Edicións, Carlos del Pulgar, recolle o día 14, ás 12:30 horas de mans da ministra de Cultura Carmen Calvo, o Premio ao Libro Mellor Editado na categoría de arte no ano 2004, galardón que nos foi concedido no mes de xullo deste ano 2005, pola nosa obra Quessada. Arte e Liberdade.
Entre as novidades que este ano presentamos no noso stand en LIBER están dúas novas coleccións que tratan de temas de actualidade e que levan por título “Saber para vivir”, dirixida aos xóvenes e “Que me dis de...”, enfocada a un público máis infantil. Estas dúas coleccións recollen temas que preocupan a pais, educadores e a sociedade en xeral, como poden ser o consumo de drogas, de alcohol, o tabaco, a violencia escolar, o respecto á igualdade...Estas coleccións tratan todos estes temas desde un punto de vista didáctico, amosando cales son estes problemas e intentando aportar posibles solucións aos mesmos.
Son dúas obras de referencia dirixidas á poboación infantil e xuvenil, onde todos os temas serán tratados desde unha visión didáctica co fin de informar e formar aos seus lectores; de extensión curta, cunha linguaxe asequible e actual, de agradable lectura, deseñados e
presentados cunha ampla imaxe visual fácil de entender pola xente nova, con encabezamentos de páxina atractivos e chamativos. Unha obra de lectura tamén para os adultos, que poderá ser empregada como obra de consulta polos pais.
Para coordinar e dirixir este proxecto, Nova Galicia Edicións, decantouse por unha persoa de gran prestixio, especialista neste campo como é D. Elisardo Becoña Iglesias, Doutor en Psicoloxía, Catedrático de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, quen encargou a elaboración dos textos a destacados expertos en cada un dos temas que se tratan, garantindo deste xeito o rigor científico das coleccións.
Características técnicas das coleccións:
- “Saber para vivir” (10 títulos) / “Que me dis de...” (8 títulos)
Formato 22 x 22 cm
56 páxinas
Impreso a 4/4 tintas no interior, papel estucado semimate de 170 g.
Encadernación en cartoné ao cromo plastificado en brillo, cosido a fío.

Dpto. Marketing de Nova Galicia Edicións, S.L.