A AS-PG, a CIG-ensino, AELG e MNL, como organizacións comprometidas coa cultura galega, poñen en marcha unha amplísima programación destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra literaria de Manuel María, un ano após do seu falecemento

contemporánea para homenaxear a unha figura das letras. Mais esta singularidade está en consonancia co feito de coincidiren na persoa de Manuel María factores tan diversos e relevantes como o de posuír unha calidade humana e unha ética excepcionais; o manter un compromiso con Galiza e coa súa cultura sen desfalecemento durante toda a súa vida; ser posuidor dunha vastísima cultura que sempre puxo ao servizo do noso País; ser autor dunha obra inmensa e de grandísima calidade literaria... Manuel María é o noso POETA NACIONAL e nós, para homenaxealo, presentámos a seguinte programación:
1.- HOMENAXE NACIONAL. Día 8 de outubro ás 20 horas no Auditorio de Santiago. Música, poesía e audiovisual.
2.- DISCO MONOGRÁFICO DO GRUPO MILLADOIRO. Conterá pezas musicadas sobre poemas de Manuel María. Saída prevista: marzo do 2006.
3.- ACTUACIÓN-HOMENAXE DA BANDA FILARMÓNICA DE GALICIA acompañada de seis corais, con estrea de dúas pezas sobre poemas de Manuel María, con gravación en CD. Dirixe Carlos Seráns. Organiza a Concellaría de Cultura de Compostela. Día 26 de novembro no Auditorio de Santiago.
4.- CONGRESO “Manuel María, Literatura e Nación“ Os días 3, 4 e 5 de novembro na Facultade de Filoloxía da Coruña. É preciso facer inscrición previa.
5.- Representación da peza teatral “A FARSA DE BULULÚ” pola compañía Teatro do Morcego. Estrea en Pontevedra o 27 de novembro.
6.- Espectáculo poético-teatral dirixido por Celso Parada no que se fai unha viaxe pola poesía de Manuel María.
7.- Realización do filme “Fala e Terra desta miña Terra. Manuel María” dirixido por Margarida Ledo.
8.- Edición da “FOTOBIOGRAFÍA SONORA DE MANUEL MARÍA”. 200 páxinas con gran profusión gráfica acompañadas dun CD cunha selección de 18 pezas musicais de Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde, A Quenlla, María Manuela... e outro CD co recitado de poemas na súa propia voz. Autores: Xan Fraga e Xurxo Souto. Edita Ouvirmos
9.- Edición da UNIDADE DIDÁCTICA “Ferrados de corazón, fanegas de alma” destinada ao ensino primario. Autora: María Xosé Bravo, María Calvo e Carme Vilariño.
10.- Edición da UNIDADE DIDÁCTICA “Ferrados de corazón, fanegas de alma” destinada ao ensino secundario. Autores: Mercedes Queixas e Anxo Gómez.
11.- Exposición itinerante de 25 paneis , significando os aspectos máis relevantes da súa vida e obra. Autores: Mercedes Queixas e Anxo Gómez.
12.- Posta en marcha do Iº PREMIO MANUEL MARÍA Á DIGNIDADE GALEGA. O seu obxecto é distinguir aquela persoa ou institución que destacase na defensa de Galiza. Fallo en Xaneiro de 2006.
13.- ANDANDO A TERRA CON MANUEL MARÍA. Edición de percorridos que gardan relación con diferentes aspectos da súa vida e obra. Autor: Felipe Senén.
14.- SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA; espazo e actividades dedicadas a Manuel María dentro do Salón do Libro do 2006.
15.- XORNADAS ESPECÍFICAS EN LUGO: do 6 ao 11 de febreiro realizaranse unhas xornadas específicas para ensinantes.
16.- REALIZACIÓN DUNHA PÁXINA WEB: www.manuelmaria.com
AS-PG Lugo