Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, manifesta o seu compromiso e apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, recibiu esta mañá a Santiago Veloso e Xabier Prado, representantes da comisión promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués coma Obra Mestra da Humanidade, co obxectivo de manifestarlles o seu apoio e compromiso coa posta en valor do ámbito rural galego, que constitúe o eixo esencial desta proclamación da Unesco.

A candidatura multinacional proposta baixo a denominación "A tradición oral galaico-portuguesa: simboloxía e apropiación do medio natural" refírese a unha marca distintiva das expresións culturais das rexións do norte de Portugal e de Galiza, que as caracteriza como unha unidade de prácticas sociais e simbólicas, das que a tradición oral é unha manifestación orixinal.

A excepcionalidade desta candidatura reside no feito de ser testemuña dun pasado e dun presente que supera as barreiras políticas, a través do sentimento de pertenza a unha cultura común.

No transcurso da reunión Santiago Veloso e Xabier Prado convidaron ao Conselleiro do Medio Rural a acudir con eles ás reunións que van manter coa Dirección Regional de Agricultura entre o Douro e o Miño de Portugal, DRAEDM, entidade que apoia tamén a Candidatura ante a UNESCO. A reunión celebrarase proximamente en Braga ou Santiago, estando por determinar a data concreta.

Logo da reunión mantida hoxe co Conselleiro do Medio Rural, os promotores da Candidatura continúan cos actos de promoción e difusión. Mañá pola mañá teñen previsto entrevistarse co Secretario Xeral de Emigración, e co Conselleiro de Innovación e Industria para exporlles os pormenores da Candidatura.

Gabinete de Comunicación, Candidatura Patrimonio Inmaterial

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información