Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Emilio Pérez Touriño gaba a figura de Lorenzo Varela, sempre comprometido cos desfavorecidos, coa conquista da cultura galega e coa fidelidade a Galicia

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, gabou en Monterroso, durante a clausura do Foro das 20 Alocucións, a figura de Lorenzo Varela, sempre comprometido “cos desfavorecidos, coa conquista da cultura, e coa fidelidade a Galicia”. Durante o acto, no que tamén participaron, entre outros, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o titular do Goberno autonómico manifestou a súa satisfacción pola celebración desta homenaxe ao escritor monterrosino, xa que, segundo sinalou, “hoxe conclúe a operación de rescate do cidadán e do poeta Lorenzo Varela”.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño lembrou que, ao longo deste ano 2005, e grazas á iniciativa da Real Academia Galega, “asistimos ao proceso de reparación dunha das voces máis representativas da Galicia transterrada”. Nesta liña, o titular do Goberno galego agradeceu o esforzo de todos aqueles intelectuais, académicos, profesores e estudosos da vida e obra de Lorenzo Varela que lograron “afastar a lousa de silencio que esmagaba a palabra, ás veces combativa, ás veces tenra coma o colo da nai,” deste poeta galego.

Emilio Pérez Touriño salientou, especialmente, o labor de recuperación realizado polos veciños de Monterroso, a quen lle transmitiu os seus parabéns polo traballo feito, “por devolvernos parte da nosa cultura e da nosa historia e por permitirnos recuperar a memoria”.

Merecida homenaxe

Na súa intervención, o presidente da Xunta tamén realizou un percorrido pola vida e obra deste literato lugués, salientando as súas principais achegas á cultura galega. Emilio Pérez Touriño lembrou, en especial, o papel dinamizador de Lorenzo Varela na cultura e literatura galegas, un labor que continuou desde o outro lado do Atlántico, cando “na Galicia desta beira do océano sopraban os ventos mouros da ditadura”.

Por último, o titular do goberno autonómico reiterou que Lorenzo Varela, “o home e o escritor”, merecían este recoñecemento, remarcando que “os beneficiarios desa recuperación somos todos os galegos”. En primeiro lugar, porque honrar a aquelas xentes que por motivos políticos ou económicos tiveron que emigrar “é tanto como honrarnos a nós mesmos” e, en segundo lugar, porque recuperar a súa obra, superando a “amnesia colectiva de moitos anos” supón facerse cunha parte “non cativa do noso patrimonio como galegos”. “Xa que logo –concluíu Emilio Pérez Touriño- hoxe estamos de noraboa”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información