Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Emilio Pérez Touriño anuncia que a Xunta redefinirá o proxecto da Cidade da Cultura co fin de optimizar os seus usos e administrar correctamente os fondos públicos

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que o Goberno galego vai redefinir o proxecto da Cidade da Cultura co fin de adaptar o seu uso ás necesidades da cidadanía galega e administrar correctamente os fondos públicos. Así o asegurou este mediodía, logo de visitar, xunto coa conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, e do arquitecto Peter Eisenmann, as obras que se están a desenvolver no Monte Gaiás.


Emilio Pérez Touriño lembrou que o novo Goberno autonómico herdou unha iniciativa cultural xa avanzada en canto a realización e investimentos, polo que o obxectivo prioritario que se marca agora a Xunta é “darlle continuidade ao proxecto” da Cidade da Cultura, pero redefiníndoo e “buscando a súa mellor utilización”. “É moi importante que a Cidade da Cultura responda a un auténtico proxecto cultural, que teña unidade como tal e que a súa viabilidade futura estea garantida plenamente”, asegurou.


Neste sentido, o máximo mandatario autonómico tamén salientou que o Goberno que preside vai “rendibilizar e sacar adiante un proxecto que está vivo, dun gran calado, ambición e complexidade” sen cuestionar a súa existencia, “desde a responsabilidade de gobernar Galicia e administar correctamente os fondos públicos”.


“Partimos do que hai e queremos redefinir o seu futuro para axeitalo ao proxecto cultural do Goberno de Galicia”, salientou Emilio Pérez Touriño, para o que dixo contar coa colaboración do propio autor do proxecto, Peter Eisenmann. O presidente da Xunta, sinalou, a este respecto que a idea é completar a Cidade da Cultura e axeitala “plenamente” ao “proxecto cultural no que cremos, que defendemos, polo que apostamos”, axeitando a súa utilización, contidos, explotación, conservación e mantemento “ás necesidades que cremos que temos como país”.

Colaboración do mundo da cultura

O obxectivo último, segundo o titular do Goberno galego, é que o Monte Gaiás sexa “un foco de atracción, capaz de captar presenza continua, ter vida e visitantes, de ser protagonista dunha cultura viva, aberta e plural” e un espazo que, ao mesmo tempo sirva de “elemento motriz, de vangarda e de referencia do que ten que ser Galicia e a súa cultura en España e no mundo”.

Para a consecución deste fin, o presidente da Xunta considera que é necesario redefinir a funcionalidade dalgún dos edificios do Monte Gaiás co fin de adaptalo ás necesidades da cidadanía galega, algo para o que pediu a participación e colaboración dos axentes culturais.

“Niso estamos a traballar”, salientou Pérez Touriño, para que exista participación e implicación por parte de todos os ámbitos culturais de Galicia e para que a Cidade da Cultura “sexa unha cidade de todos”, poñendo “toda a enerxía, toda a capacidade e toda a intelixencia da que podemos dispoñer para darlle vida, futuro e garantir a súa viabilidade”.


Referente de Galicia


Emilio Pérez Touriño tamén considerou que o proxecto do Monte Gaiás ten “un alto valor para Galicia”, xa que é unha iniciativa“extraordinariamente ambiciosa, complexa e do máis importante” que se está a construír na arquitectura mundial e europea. Por iso apostou por entender a Cidade da Cultura como un “proxecto de país” que se debe “interiorizar, asumir e ligar á nosa forma de querer construír Galicia como proxecto cultural”, sentenciou.

Por último, o presidente da Xunta agradeceu a presenza de Peter Eisenmann e a súa plena disposición a colaborar co Goberno galego en todo o que atinxe ao desenvolvemento do proxecto da Cidade da Cultura, destacando, ao mesmo tempo, o labor de todos aqueles que están a traballar na execución deste proxecto.

Nesta primeira visita ao Monte Gaiás como responsable do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño tamén anunciou que o museo MOMA de Nova York ten previsto exhibir, no vindeiro mes de febreiro, e dentro dunha mostra sobre arquitectura española, o proxecto cultural deseñado por Peter Eisenmann.

Nova xestión

Pola súa banda, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, salientou que, ata o momento, o montante de obra adxudicada no Monte Gaiás ascende a 284 millóns de euros, máis 37 millóns pendentes de adxudicación. Así mesmo, Ánxela Bugallo tamén asegurou que o departamento que dirixe pretende plantexar unha nova xestión da Cidade da Cultura e que esta mesma semana se propoñerá un novo xerente para a Fundación.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información