Territorio da desaparición, de Miguel Anxo Fernán-Vello, é a obra gañadora do Premio AELG 2005
Na presente edición, como medida de cara a incentivar a participación, do actual Consello Directivo da AELG decidiu apostar por un método de selección de finalistas por parte dos propios socios/as da entidade. Da convención dos seus votos xurdiu unha listaxe de 7 obras das que había que votar unha sóa obra gañadora mediante boletíns numerados remitidos a todos os socios e socias, contando, ademáis, coa posibilidade de elixir outra obra que non se atopase entre estas sete. As obras finalistas foron: Territorio da desaparición, de MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO; Sen sombra e sen amor, de BERNARDINO GRAÑA; Amor e música lixeira, de BIEITO IGLESIAS; A cousa vermella, de OLGA NOVO; As metamorfoses do túnel, de ROMÁN RAÑA; O exiliado e a primavera, de MANUEL VEIGA e En concreto, de LUÍSA VILLALTA.
A maioría dos votos, remitidos ao local da asociación até o 15 de setembro, foi a parar a "Territorio da desaparición" de MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO, publicada pola editorial Galaxia na súa colección de poesía Dombate, que pasa a ser considerada, con este galardón, como a mellor obra publicada durante o ano 2004. O Premio AELG 2005 materialízase ademáis nunha pluma estilográfica grabada con tal motivo, que se lle concederá a Miguel Anxo Fernán-Vello no marco da Cea das Letras. Esta celebración, que reunirá a socios, socias e demáis amigos/as que queiran achegarse, terá lugar no restaurante do Hotel Virxe da Cerca, en Santiago de Compostela, a partir das 21:00 hs. deste sábado 24 de setembro. A velada concluirá coa actuación musical da fadista Carmen Dolores, que terá lugar ás 23:00 hs. na Sala Nasa. Presentada por Xurxo Souto, esta actuación será de entrada libre e aberta para os socios/as da AELG e demais público interesado en achegarse.
Miguel Anxo Fernán-Vello , naceu en Cospeito (Lugo) no ano 1958. Poeta e dramaturgo, realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Como poeta está en posesión, entre outros, do Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo (1983), Premio Esquío (1984), Premio da Crítica Española (1985 e 2004), Premio Xacobeo de Poesía da Xunta de Galicia (1992) e Premio Martín Códax (1996). Nos anos 1985 e 1997 foi finalista do Premio Nacional de Literatura do Estado español cos libros de poemas, respectivamente, Seivas de amor e tránsito e As certezas do clima. No ano 2001 estréase, por encargo da Orquesta Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, con música de Juan Durán e baixo a batuta de Victor Pablo. A obra poética de Miguel Anxo Fernán-Vello foi traducida ao español (La raíz poseída, Zaragoza, 1989) e ao catalán (Llibre dels paisatges vius, Lleida, 1995) e figura en importantes antoloxías editadas en Galicia, España, Cataluña, Italia, Brasil, Bélxica, Rusia, Inglaterra e Portugal. Como dramaturgo foi Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega os anos 1981, 1983 e 1985 e Premio Biblioteca do Arlequín os anos 1988 e 1990. A súa obra A casa dos afogados foi estreada polo Centro Dramático Galego no ano 1991, con dirección de Manuel Lourenzo. No ano 1991 funda a empresa editora Edicións Espiral Maior, que dirixe na actualidade. É, ademais, presidente da ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES (AGE).
"Territorio da Desaparición" foi merecedor do premio da Crítica Española 2004, na modalidade de poesía en galego. Miguel Anxo Femán Vello, un dos poetas da xeración dos oitenta con maior proxección na literatura galega actual, reúne en “Territorio da desaparición”o traballo de creación desenvolvido durante os últimos anos. O poemario é unha chamada á resistencia a través da palabra, que na obra de Fernán Vello é o lugar da emoción pero tamén da loita contra o esquecemento. O libro é o primeiro publicado por Miguel Anxo Fernán Vello desque, no ano 1996, publicara “As
certezas do clima”. Co título de “Territorio da desaparición”, o poeta fai unha chamada a prol da esperanza nun tempo de desacougo e lenta descomposición das arelas de progreso ao que a poesía non debe permanecer indiferente. Inmigrantes, exiliados e repatriados constitúense en protagonistas dun territorio no que a derrota e a ameaza do baleiro pretenden impoñerse e no que os poetas “sobreviven na voz impenetrábel da
paciencia”. Nese mesmo espazo metafórico e literario, a escritura do propio poema acaba por ser a auténtica esperanza. Miguel Anxo Fernán Vello traza os lindes poéticos dun territorio ermo cada vez máis presente no noso tempo. A súa voz, unha das máis singulares da poesía galega contemporánea, teima na poesía como palabra que nos esperta e outorga ás cousas unha verdade firme e necesaria.

Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)