A Mesa agarda que comece unha etapa de cambio na política lingüística
Nomeouse no Consello da Xunta á Secretaria Xeral de Política Lingüística e deuse a coñecer públicamente a composición da comisión que dirixirá as liñas de actuación neste ámbito durante esta lexislatura. A Mesa pola Normalización Lingüística recorda que as dúas formacións políticas que sustentan o Goberno falaron de “cambio” e de “tempo novo” durante a campaña electoral, e considera que tal cambio debe facerse singularmente visíbel, por necesario, na recuperación e extensión social da lingua que nos une como galegas e como galegos.
O colectivo en defensa do idioma, que agrupa a máis de 3.000 persoas, observa que o nomeamento do cargo chega co importante lastre de non ser de consenso no bipartito, e que é unha persoa que non ten experiencia investigadora ou de xestión no ámbito da normalización lingüística. Ademais, A Mesa non entende como un cargo de tal relevancia, para o cal nin tan sequera houbo acordo entre PSOE e BNG, puido tardar tanto en ser electo.
A Mesa estima que “o principal reto” da Secretaría Xeral de Política Lingüística vai ser conseguir “a plena aplicación nesta lexislatura do Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade no Parlamento” e, con ese obxectivo compartido, a organización cidadá procurará acordos coa Administración e manterá “a mellor vontade de diálogo e colaboración construtiva” con Marisol López.
Ademais, subliña a importancia de que nesta nova etapa se diferencie claramente a política lingüística da política cultural e da investigación filolóxica: “Nin un céntimo dos orzamentos do galego deben ir para outra finalidade que non sexa a promoción e extensión social do galego”.
A Mesa propón que o Centro Ramón Piñeiro non dependa da Secretaría Xeral de Política Lingüística
A nova Secretaria Xeral de Política Lingüística provén do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, de xeito que lle será moi fácil comprobar que este centro non está a cumprir unha función de promoción e extensión social da lingua galega. Por esta razón, A Mesa entende que non debe ser sufragado co diñeiro destinado á normalización lingüística, a non ser que transforme as súas funcións exclusivamente ao ámbito sociolingüístico. Do contrario, debe ser transferido a outra Consellaría, sexa Cultura, Educación ou Industria e Innovación.
Débese terminar coa chamada “Política de Homenaxe ao Galego” practicada durante os gobernos do PP, que en troca de introducir a lingua en novos ámbitos o que fai é investir o diñeiro en cuestións tanxenciais que non implican unha mellora social do noso idioma. Sería como se a Consellaría de Sanidade en lugar de construír hospitais e contratar profesionais da medicina destinase a maioría do seu orzamento a facer edicións facsimilares de cartas de Freud, biografías sobre Pasteur, etc.
Igualmente, débese reflexionar sobre a existencia de entidades públicas superpostas que están a cumprir idénticas funcións e, nese marco, reflexionar moito sobre cal vai ser a funcionalidade do Instituto de Lingua e Literatura Galega Rosalía de Castro que se quere pór en marcha. “Consideramos que é importante que se coordine de xeito
eficiente a difusión exterior do noso idioma, mais este punto non debe ser o central da lexislatura, pois o galego parte dunha situación de anemia aguda no espazo social que lle é propio, e aí é onde se debe centrar a intervención nestes momentos.”
O Goberno galego encóntrase co “reto histórico” de romper a tendencia de caída de falantes dos últimos anos. Por iso, toda a Administración
autonómica debe ser un “motor da lingua” e todas as Consellarías deben asumir tamén nos seus orzamentos os obxectivos formulados no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, un plano que para a semana próxima vai cumprir un ano de vixencia sen ver implementada aínda ningunha das súas máis de 400 medidas.

A Mesa pola Normalización Lingüística