Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Mesa denúncia no Valedor do Povo o uso partidista das subvencións para a promoción do galego desde os concellos

A partida destas subvencións ascendeu este ano a 230.000 €. Igual que en convocatórias anteriores, nas axudas de 2003 existiu un nítido favoritismo cara aos concellos governados polo PP, que levaron o 65% do diñeiro total, ainda que nen a metade dos galegos viven en concellos cuxo alcalde ou alcaldesa sexa desta formación política. Aliás, os catro concellos que receben máis diñeiro son tamén governados polo PP: Vilalba e A Estrada receben 10.000 €, Palas de Rei 9.835 € e Cambados 8.000 €.
Este trato de favor produce-se, ademais, dentro da liña escurantista que caracteriza as actuacións da Xunta de Galiza en relación co galego: as bases da convocatória deixan man libre aos favoritismos denunciados e a resolución das subvencións nen tan sequer foi publicada no Diario Oficial de Galicia. Dada a gravidade desta situación, A Mesa decidiu pór estes feitos en coñecimento do Valedor do Povo.
Este uso partidista produciu-se xa en anteriores convocatórias, mais ao confrontar os dados deste ano cos do 2002, tras as mudanzas experimentadas coas eleicións municipais, a discriminación fai-se máis evidente. Mentres vários concellos governados polo PP incrementan de xeito notábel as subvencións, outros que mudaron de governo o 25-M non receben tan bon trato: é o caso, p. ex., de Moaña, que resulta castigado con 1.800 € menos (pasa de 5.400 a 3.600). Se confrontarmos os casos de concellos que receben este ano subvención e non o fixeron no ano 2002, tamén se contrasta un claro trato de favor: un concello coa povoación de Ames, governado por unha coaligación PSOE/BNG, só recebe 2.000 € para campañas de normalización e absolutamente nada para o mantimento dun gabinete, ainda que o solicitaron. Chantada, polo contrário, nun caso semellante, ainda que con menos povoación e cun governo do PP, recebe 3.500 € para o funcionamento do gabinete... Ademais, nengunha das sete cidades galegas é favorecida na resolución destas subvencións, ainda que na convocatória nada se di da sua exclusión e, de feito, várias cidades concorreron apresentando proxectos.
Desde A Mesa considera-se que esta distribución de subvencións aos concellos é outro exemplo da neglixente política lingüística do governo do PP. Esa mal chamada política lingüística centra-se en distribuir diñeiros sen outra pretensión que a de afortalar o favoritismo e a dependéncia dos cidadáns e cidadás das prebendas do poder, moitas veces mesmo sen ter en conta nen tan sequer que os actos ou publicacións subvencionados utilicen o galego, en distracción fraudulenta de diñeiro público que non se corresponde coa finalidade prevista, como moitas veces se ten denunciado. Por iso, a Administración deberia facer seguimento das accións de promoción do galego desenvoltas grazas a estas subvencións. Outra cuestión a corrixir é o relativo aos prazos, pois hai moi pouco tempo entre a data de concesión da axuda e a sua xustificación, de modo que non dá tempo real a desenvolver os proxectos programados.
A Mesa considera que as subvencións aos Concellos para a promoción do galego deben ser levadas coa maior transparéncia e deben existir critérios claros para a concesión das axudas, tanto no referido á constitución dos gabinetes de normalización lingüística como na realización das campañas.
Mesa pola Normalización Lingüística

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información