Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A AELG presenta o seu novo portal web

O acto terá lugar mañá sábado, día 10 de setembro, na Libraría
Sisargas (rúa Curros Enríquez, 9) da Coruña a partir das 12:00 hs., e
intervirán nel o Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Nieves
Brisa Boa en representación da empresa Enxeño S.L., responsábel técnica da
creación do portal.


O Centro de Documentación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nace
co obxectivo de conservar e pór á disposición dos investigadores/as e de
todas as persoas interesadas desde todas as culturas, aqueles materiais
xerados polos escritores e escritoras en lingua galega, así como a súa
actividade social: obra de creación e de investigación, obra crítica e
calquera outro tipo de documentación que poida enriquecer o coñecemento do
feito literario en galego.

A creación deste Centro de Documentación parte da carencia dunha entidade
aglutinadora da documentación sobre as escritoras e os escritores vivos,
mais tamén da necesidade que a figura do escritor/a ten de contar cun
centro que os axude na súa difusión e recepción social. É por iso que o
Centro de Documentación de Escritores e Escritoras da AELG é o lugar en
que se recolle toda a información e documentación depositada polos
escritores/as, e que será procesada para poder dispor dunha ampla fonte
documental á que ter acceso áxil desde a rede.


Ademais da incorporación do Centro de Documentación , o portal web da
AELG foi mellorado co desenvolvemento dun entorno de administración para o
mantemento e xestión dos seus contidos.
AELG - Asociación de Escritores en Lingua Gale

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información