Sete obras finalistas compiten polo Premio AELG 2005
Na presente edición, como medida de cara a incentivar a participación, o actual Consello Directivo da AELG decidiu apostar por un método de selección de finalistas por parte dos propios socios/as da entidade. Da convención dos seus votos xurdiu unha listaxe de 7 obras:
- Territorio da desaparición de MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO
- Sen sombra e sen amor de BERNARDINO GRAÑA
- Amor e música lixeira de BIEITO IGLESIAS
- A cousa vermella de OLGA NOVO
- As metamorfoses do túnel de ROMÁN RAÑA
- O exiliado e a primavera de MANUEL VEIGA
- En concreto de LUÍSA VILLALTA
Esta listaxe está sendo sometida a unha segunda quenda de votacións -coa posibilidade, ademais, de consignar outra obra que non se atope entre as sete finalistas -mediante boletíns numerados remitidos a todos os socios e socias da AELG. Esta segunda quenda de votacións remata o 15 de setembro e o título da obra gañadora dase a coñecer publicamente o 19 de setembro.
O Premio AELG 2005 materializarase nunha pluma estilográfica gravada con tal motivo, que se lle concederá ao autor ou autora da obra gañadora no marco da xa tradicional "Cea das Letras". Esta celebración, que reunirá a socios/as e demais amigos que queiran achegarse, terá lugar no restaurante
do hotel compostelán “Virxe da Cerca” a partir das 21:00 hs. do 24 de setembro. A velada concluirá coa actuación musical da fadista Carmen Dolores, que terá lugar ás 23:00 hs. na Sala Nasa. Presentada por Xurxo Souto, esta actuación será de entrada libre e aberta para os socios/as da AELG e demais público interesado en achegarse.

AELG - Asociación de Escritores en Lingua Galega