A mostra Os talleres de Zuloaga reúne no Colexio de Fonseca un total de 27 obras do pintor da Xeración do 98 Ignacio de Zuloaga
A mostra, que se pode visitar no Colexio de Fonseca ata o 18 de setembro, é unha produción da Obra Social Caja Madrid en colaboración coa Universidade de Santiago.
Nesta exposición o visitante pode contemplar algunhas das obras máis coñecidas de Ignacio Zuloaga pintadas nos lugares decisivos da súa traxectoria como creador, todos fortemente vencellados aínda hoxe ao seu recordo: Segovia, Pedraza e Zumaia. Vistas como un todo, e á marxe da súa evidente diversidade, as obras falan do seu peculiar xeito de entender e captar a paisaxe e ás persoas, fundidos ás veces e con carácter autónomo outras, moi en particular a medida que o artista avanzaba nas súas buscas.
Entre as obras expostas se atopan algunhas tan coñecidas como Gregorio en Sepuldeva (1908), Mis amigos (inacabada), La familia del pintor (1937), su Autorretrato (1942), ou os retratos de Valle-Inclán (1931), Falla (1932) ou Azorín ca. 1941).
Ignacio Zuloaga
Ignacio Zuloaga (Éibar, 1870 - Madrid, 1945) é un dos artistas máis representativos da Xeración do 98. Nado no seo dunha familia de armeiros e ourives, viaxou por primeira vez a Madrid en 1886 onde, no Museo do Prado, descubríu a Ribera, a Velázquez e O Greco, artistas que exerceron sobre el un enorme impacto. Pouco despois, en 1890, afincouse en París e trabou amizade con creadores tan destacados coma Degas, Gaugin, Toulouse-Lautrec, Rodin, Utrillo ou Rusiñol.
O pintor viaxou a cotío por España, Inglaterra e Italia. En 1898, logo do establecemento do seu tío Daniel, reputado ceramista, en Segovia, comezou a pasar longas estadías nesta cidade. Nela pintará algunhas das súas obras máis coñecidas, antoloxicamente representativas das pretensións de boa parte dos artistas da súa xeración, interesados en captar a alma de España a través da diversidade das súas paisaxes, das súas tradicións e das súas xentes, con Castela como núcleo vertebrador dos seus anhelos e das súas reflexións.
Ignacio Zuloaga, cuxas obras coñeceron un enorme éxito tanto en España como en outros países, frecuentou Segovia ata o comezo da Primeira Guerra Mundial. Refuxiouse daquela na súa recén construída casa-taller de Zumaia (Guipúzcoa), na que retratou a intelectuais e artistas tan senlleiros como Marañón, Valle-Inclán, Azorín, Unamuno, Ortega, Pérez de Ayala ou Falla. Ademais, pintou tamén a personaxes da alta sociedade e do poder político, actividade que compaxinou coa realización de paisaxes, asunto que nunca abandonou e polo que sentiu unha especial predilección ao longo de toda a súa vida. Nesta marca un punto de inflexión a adquisición, en 1925, do Castelo de Pedraza (Segovia), recinto que restaurou parcialmente e en cuxa torre instala o seu taller.
A mostra pódese visitar ata o 18 de setembro de martes a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns permanece pechada.

Gabinete de Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela (USC)