Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Manuel Fraga gabou a exitosa traxectoria docente e literaria de Dionisio Gamallo Fierros

“Dionisio Gamallo Fierros foi un sabio erudito, un extraordinario mestre, un estudoso da mellor literatura española e galega. Lembremos as súas monografías sobre Béquer, Rubén Darío, Leopoldo Alas “Clarín” ou Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carbajal. Pero, sobre todo, Gamallo foi un poeta”. Con estas palabras, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, louvou a frutífera traxectoria docente e literaria deste escritor, falecido en Madrid no ano 2000, no acto de presentación dun libro que recolle a vida e a obra deste autor e que leva por título Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán. La sinfonía incompleta.

Esta biografía do autor Daniel Cortezón Álvarez, reúne, no que o xefe do Executivo galego considera “unha investigación responsable e veraz, ben documentada e escrita nun estilo exquisito”, a moitos e moi variados personaxes e moitos e moi diversos feitos da práctica totalidade do século XX en case cincocentas páxinas.

Manuel Fraga aproveitou a ocasión para recordar a “verdadeira e frutífera amizade” que, durante máis de medio século, o uniu a Gamallo Fierros, ademais dun pensamento común; “ver materializados os proxectos que soñamos e que tiñan unha dirección clara e ben definida: engrandecer, cada día un pouco máis, a nosa Galicia”.

Así mesmo, o presidente da Xunta agradeceulle a Daniel Cortezón “este valiosísimo traballo”, que se convertirá “nun libro de consulta obrigada para os que queiran achegarse a aquel ser, libre e bondadoso, rebelde e contradictorio, poeta e mestre que foi, Dionisio Gamallo Fierros”.

Finalmente, o xefe do Executivo galego amosou o seu apoio e colaboración en calquera iniciativa que permita un maior coñecemento e difusión da vida e obra deste intelectual.

Logo da presentación do libro, o presidente da Xunta trasladouse ata o cemiterio de Ribadeo para participar nunha ofrenda floral ante a tumba de Dionisio Gamallo Fierros.

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA NO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DIONISIO GAMALLO FIERROS, VARÓN DE PORCILLÁN. LA SINFONÍA INCOMPLETA

- “A desaparición física de quen fora profesor, escritor, investigador, erudito e bibliófilo [Dionisio Gamallo Fierros], deixou un grande baleiro no mundo cultural de Madrid e de Galicia. Unha ausencia especialmente sentida en Ribadeo, a súa vila natal, onde naceu o 25 de agosto de 1914, na Praza de Abaixo, no barrio mariñeiro de Porcillán”.

- “Daniel Cortezón Álvarez presenta hoxe esta magnífica biografía subtitulada, moi atinadamente, La sinfonía incompleta”.


- “En case cincocentas páxinas o escritor Daniel Cortezón –por certo un dos nomes fundamentais do teatro en lingua galega, lembremos o seu ‘Xelmírez ou a gloria de Compostela’, magníficamente representado polo Centro Dramático Galego- vai debullando, polo miúdo e con grande brillantez, a vida e a obra de Gamallo Fierros”.

- “Dionisio Gamallo Fierros foi un sabio erudito, un extraordinario mestre, un estudoso da mellor literatura española e galega. Lembremos as súas monografías sobre Béquer, Rubén Darío, Leopoldo Alas “Clarín” ou Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Lamas Carbajal. Pero, sobre todo, Gamallo foi un poeta”.

- “Enorgullézome de ter compartido con Dionisio Gamallo Fierros máis de medio século de verdadeira e frutífera amizade. Coñecémonos en Lugo, sendo eu estudante, a punto de rematar o bacharelato, e sendo el recén estreado profesor de Literatura”.

- “Moitas e moi variadas foron tamén as nosas conversas, os nosos intercambios de libros e cartas. E, por que non dicilo, un pensamento común, por riba de todas as diferenzas, ver materializados os proxectos que soñamos e que tiñan unha dirección clara e ben definida: engrandecer, cada día un pouco máis, a nosa Galicia”.

- “Agradézolle moi especialmente a Daniel Cortezón este valiosísimo traballo. A partir de agora, esta biografía, en certo modo unha biografía literaria, será un libro de consulta obrigada para os que queiran achegarse a aquel ser, libre e bondadoso, rebelde e contraditorio, poeta e mestre que foi Dionisio Gamallo Fierros”.

- “Só me resta reiterarlles a todos vostedes o meu decidido apoio e colaboración en calquera iniciativa que permita un maior coñecemento e difusión da vida e da obra de quen foi moito máis que un intelectual”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información