Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Consellería de Cultura leva á Catedral de Ourense máis de 200 pezas únicas e inéditas do arte sacro peninsular

Máis de 200 pezas de arte sacra española e portuguesa poderanse contemplar na exposición Camiño de paz. Mane nobiscum Domine que a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo inaugura o mércores, día 29 de xuño, na Catedral de Ourense. Esta mostra, que reúne obras únicas e inéditas, é o máis importante proxecto expositivo integrado no programa cultural Galicia, camiños de concordia, e servirá, asemade, para conmemorar o Ano Eucarístico Mundial, unha celebración litúrxica que se desenvolve entre os meses de outubro de 2004 e outubro de 2005.

Camiño de paz fai unha escolma de valiosísimas pezas sacras dos últimos mil anos, dende o prerrománico ata hoxe, que foron conservadas polas institucións eclesiásticas galegas, españolas e lusas. A exposición supón ademais a primeira ocasión na que o templo catedralicio da cidade das Burgas vai servir de espazo de mostras na súa práctica totalidade, incluíndo o seu propio museo. Entre as singularidades do proxecto figura a súa relación coa tradicional vinculación de Galicia coa Eucaristía. A Comunidade galega é a única que conta no seu escudo co tema eucarístico.

PATRIMONIO GALEGO

Entre os centos de obras seleccionadas, arredor de cincuenta sairán por vez primeira do seu lugar orixinal. Nalgún caso, como é o dos cobres de procedencia flamenca do século XVII que se gardaban na sancristía da igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario, trátase de elementos únicos no seu xénero que se expoñen ao público unha vez rematada a súa restauración.

Outros templos importantes de Galicia tamén ceden parte do seu patrimonio a Camiño de paz. Así, a Consellería de Cultura levará ata Ourense unha Trinidade de alabastro inglés de comezos do século XV que pertencía ao primitivo retabulo gótico da Catedral de Mondoñedo. A igrexa de Vilar de Donas, situada no Camiño Francés a Compostela, doa o frontal do seu altar; e das reliquias da propia catedral ourensá seleccionouse a cruz procesional, unha peza da escola de Valladolid que é a máis importante da súa clase das que se conservan en Galicia.

A relación de obras relevantes cedidas por templos galegos inclúe o Sagrario de Quintela de Leirado; a imaxe de San Xoán Evanxelista da igrexa de San Nicolás de Portomarín, tamén sita na ruta xacobea; as iconas de Santa Bárbara de Vilamaior da Xironda; ou unha Última Cea barroca en alabastro do séulo XVIII procedente do altar maior do Mosteiro de Celanova, entre outras.

De fóra de Galicia, cómpre salientar a presenza de arte sacra castelá, entre a que se contan uns valiosísimos tapices de San Millán de Oncala, orixinarios de Bruxelas e feitos no século XVIII baixo modelos de Rubens. Tamén é importante a achega da Catedral de Astorga, composta por esculturas de Gaspar Becerra e a arqueta do Xoves Santo.

Os contidos complétanse con pezas de arte andaluza e portuguesa. Do país veciño proceden obras de Francisco de Teide e outros autores que traballaron en Galicia como os ourives da cidade de Porto. A nómina de artistas de sona internacional inclúe traballos de Gregorio Fernández ou Fernando Gallego, entre outros.

CONCORDIA

A exposición Camiño de paz. Mane nobiscum Domine permanecerá aberta na Catedral de Ourense ata o mes de novembro. Para a súa realización, a Consellería de Cultura contou coa colaboración do bispo de Ourense, Luís Quinteiro Fiúza, e o cabildo catedralicio.

O proxecto, que é un dos máis ambiciosos dentro do panorama expositivo español para 2005, forma parte da iniciativa a prol da solidariedade e o entendemento que se está promovendo mediante Galicia, camiños de concordia. Durante os últimos meses, algunhas das personalidades internacionais máis relevantes na construción do diálogo para a paz están a pasar por Galicia para debater e compartir os seus coñecementos. A Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento e as semanas temáticas que se están a desenvolver nas principais cidades galegas contaron coa presenza de persoeiros como Rigoberta Menchú, Shlomo Ben Ami, Mary Robinson, Jane Seymour ou David Trimble.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información