Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O concurso do Teatro da Música da Cidade da Cultura publicouse no 12 de 2004 e foi adxudicado o 17 de xuño

Diante das declaracións realizadas polo membro da Executiva do PSdeG, Ismael Rego, sobre a adxudicación das obras do Teatro da Música da Cidade da Cultura de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia quere realizar as seguintes aclaracións:

1.- As obras do Teatro da Música da Cidade da Cultura de Galicia adxudicáronse o pasado día 17 de xuño, dous días antes da celebración das pasadas eleccións autonómicas, despois da súa apertura pública das ofertas o pasado día 13 de xuño. Polo tanto, é absolutamente falso o que argumenta o militante socialista, confundido o que foi a comunicación ás empresas do resultado do concurso do que foi realmente a resolución do mesmo.

2.- Esta data de adxudicación está recollida na documentación que se enviou para a súa próxima publicación ao Boletín Oficial do Estado e ao Diario Oficial das Comunidades Europeas.

3.- O Diario Oficial das Comunidades Europeas publicou o anuncio previo de licitación das obras do Teatro da Música e do Edificio de Novas Tecnoloxías o pasado 31 de decembro de 2004. Con posterioridade, a licitación publicouse de novo no Boletín Oficial do Estado do día 30 de abril de 2005, cun prazo de presentación de ofertas ata o día 1 de xuño.

4.- Cómpre recordar que todo o proceso de concursos das obras deste complexo está aprobado polo Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, do que forma parte, como un membro destacado, o propio alcalde de Santiago, o socialista Xosé Antón Sánchez Bugallo.

5.- Neste sentido, cómpre recordar que foi o propio alcalde de Santiago o que solicitou, na xuntanza do Padroado do 14 de outubro de 2004 na que se aprobaron os orzamentos para o presente exercicio, que as obras se licitaran o antes posible e que se axilizara a construcción dos edificios da Cidade da Cultura.

6.- Resulta lamentable que algúns membros do Partido Socialista aínda pensen que están en período electoral e continúen terxiversando e difamando co obxectivo de conseguir un maior apoio dos galegos. A este proceso únense, como foi habitual durante a pasada campaña electoral, medios de comunicacións afíns ao Partido Socialista (como é o caso da Cadea SER ou a axencia de información EFE), que utilizan calquera mínimo indicio para lanzar publicamente afirmacións falsas e carentes de todo rigor co único obxectivo de favorecer os seus intereses políticos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información