Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Consellería de Cultura axudará con 36.000 euros á dixitalización dos fondos do Museo Luis Iglesias

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo achegará este ano 36.000 euros ao proxecto de dixitalización de imaxes incluido nas tarefas de catalogación dos fondos depositados no Museo de Historia Natural Luis Iglesias da Universidade de Santiago. Este traballo, que se atopa na súa terceira fase de execución, pretende a conservación, protección e difusión dun patrimonio singular que será dado a coñecer á sociedade en xeral.

O Museo Luis Iglesias constitúe o conxunto de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia. Este centro é continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade compostelana durante o curso 1840-41. Conserva nas súas instalacións moitas das colecións do século XIX, que conformaban un museo no antigo edificio da universidade.

Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París no ano 1845 polo rector José Viñas. Sen embargo, a maioría proceden da xenerosidade de moitos particulares.

ESCAPARATE DO MUNDO NATURAL

O Museo de Historia Natural Luis Iglesias está considerado como o escaparate do mundo natural, en xeral, e da ciencia galega, en particular. A través das súas coleccións pódese facer un percorrido polo labor dos máis sobranceiros científicos galegos dos séculos XIX e XX, como José Rodríguez, Víctor López Seoane ou Isidro Parga Pondal, así como pola investigación actual realizada nos departamentos da Universidade de Santiago.

Os fondos de historia natural que figuran nos depósitos do Museo Luis Iglesias da Universidade compostelana están sendo catalogados para poñelos a disposición do público polo seu interese. Estes arquivos son parte integrante dunha riqueza cultural e patrimonial que, trala súa clasificación, poderá servir de material didáctico educativo a tódolos niveis de coñecemento.

A natureza do acordo subscrito polas dúas partes colaboradoras ten natureza administrativa e, para a vixiancia da interpretación e execución das cláusulas, constituise unha comisión mixta de seguimento. Dous representantes da cada parte serán os responsables de consensuar as solucións a calquera discrepancia que puidera xurdir.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información