Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Igaem acada a presenza de oito compañías privadas en circuítos escénicos de fóra de Galicia

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xestionou a través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) a presenza durante o segundo semestre de 2005 dun total de oito compañías galegas de ámbito privado en distintas citas e redes de distribución escénica doutras Comunidades autónomas, como son a Feira de Teatro de Tárrega e os circuítos de exhibición de Baleares, Madrid e Estremadura.

As negociacións, que se plasmaron ben mediante convenios de colaboración, como o asinado coa dirección da Fira de Teatro al Carrer de Tárrega, ou polo establecemento de pactos de intercambio nos restantes casos, permitirá acadar que unha variada representación de todos os estilos que ofrece hoxe en día a escena galega poida exhibirse no ámbito xeográfico nacional.

Os acordos, aos que se dotará de continuidade con novos contidos e destinatarios en próximas temporadas, resposta á política emprendida polo IGAEM no tocante á difusión en España das producións asinadas polos creadores galegos, un obxectivo prioritario dada a contrastada calidade e solvencia das producións galegas.

UN TOTAL DE 30 FUNCIÓNS

As compañías beneficiarias de tales acordos, escollidas en última instancia polas entidades receptoras, son, polo de agora, Matarile, Trompicallo, Mofa e Befa, Quinquilláns, A Factoría Teatro, Teatro do Atlántico e Nova Galega de Danza. O número de funcións conseguidas ascende a un total de 30, cifra que resulta da suma das oito que terán lugar en Tárrega, 5 en Baleares, 12 na Red de Teatros de Madrid e outras 5 en Estremadura.

En concreto, a Fira de Tárrega, que se celebrará do 8 ao 11 de setembro nesa localidade leridana, acollerá dúas funcións de cada unha das compañías seleccionadas, neste caso Matarile, Trompicallo, Mofa e Befa e Quinquilláns. Os últimos espectáculos dos devanditos grupos serán incluidos deste xeito no programa oficial deste encontro, considerado como o mercado internacional de artes escénicas máis importante do sur de Europa; e no que o IGAEM disporá ademais dun espazo propio no área de expositores ó que só terán acceso os profesionais acreditados.

En réxime de intercambio viaxará A Factoría Teatro a Baleares, onde desenvolverá unha función na Fira de Manacor e catro máis no circuito escénico insular de titularidade pública. Pola súa banda, a Comunidad de Madrid distribuirá catro funcións de Matarile, e igual número tanto de Teatro do Atlántico como de Nova Galega de Danza. Estremadura aínda non confirmou o nome da compañía galega coa que a Administración autonómica establecerá o intercambio, da que, en calquera caso, programará un total de 5 representacións en Cáceres e Badaxoz.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información