Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O presidente da Xunta resalta o valor da gaita como elemento diferencial da identidade galega

O titular do Executivo autonómico, Manuel Fraga, entregou os seus títulos a preto de 60 alumnos da Escola de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, que dirixe Xosé Luís Foxo. No decurso da súa intervención no acto, o presidente da Xunta resaltou o valor deste instrumento de vento como “elemento diferencial” da cultura de Galicia. Precisamente, a gaita, ten constituído, desde sempre, tal e como sinalou Manuel Fraga, “o instrumento máis característico” do folclore galego.

Unha proba do arraigo que posúe na sociedade este instrumento vén determinada polas numerosas referencias literarias que posúe. Así, na época do Prerrexurdimento xa se resaltaba o valor da gaita galega nunha obra de Xoán Manuel Pintos, na que denunciaba a situación de precariedade que vivía Galicia na época. Posteriormente, un poema de Valentín Lamas Carvajal titulado A gaita gallega facía un chamamento ao compromiso con este instrumento.

VALOR NA DIÁSPORA

Pero se houbo un ámbito no que este instrumento cobrou especial relevancia ese foi, sen lugar a dúbidas, o da diáspora galega. “O son da gaita serviulles aos nosos paisanos da diáspora para manter vivas as lembranzas da terra e para curar a morriña”, sinalou Manuel Fraga.

O presidente da Xunta amosou a súa satisfacción durante a entrega de diplomas aos alumnos da Escola Provincial de Gaiteiros de Ourense porque considera que estes mozos e mozas representan o mellora garante “da longa vida da música galega” e do seu máis xenuíno instrumento, a gaita. “Felicítoos a todos por dedicar o seu tempo libre a unha causa tan nobre”, indicou Manuel Fraga.

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NA ENTREGA DE TÍTULOS DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCELENTÍSIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

-“A gaita galega, de orixe remota e incerta, constituíu sempre o instrumento máis característico do noso folclore, sendo de presenza obrigada en diversos actos e reunións, nas misas solemnes de aldea ou nas tradicionais romarías de campo”.

-“Mesmamente nesa época tráxica da nosa historia, na que tantos galegos tiveron que emigrar, a nosa música –e moi en especial o son da gaita- serviulle aos nosos paisanos da diáspora para manter vivas as lembranzas da terra e para curar a morriña”.

-“Hoxe en día, a gaita –e a nosa música tradicional- xa é apreciada perfectamente por todos como elemento diferencial da nosa identidade. E iso débese tamén ao esforzo e ao profundo amor polas nosas tradicións de xentes con iniciativa e de institucións que as apoian. Un claro exemplo é esta Escola de Gaitas de Ourense, impulsada e dirixida por Xosé Luís Foxo e dependente da Deputación Provincial”.

-“En consecuencia, como presidente da Xunta de Galicia, é unha gran satisfacción comprobar a puxanza e actividade desta Escola Provincial de Gaiteiros, facendo entrega dos seus diplomas oficiais a estes sesenta alumnos. Son eles o mellor garante da longa vida da música galega e do noso máis xenuíno instrumento. Felicítoos a todos por dedicar o seu tempo libre a unha causa tan nobre”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información