Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A voz de Bárbara Hendricks será a protagonista do Concerto Extraordinario pola Solidariedade en Santiago

A voz da soprano americana Barbara Hendricks será a protagonista do Concerto Extraordinario pola Solidariedade e a Concordia que organiza a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o luns, 6 de xuño, en Santiago de Compostela. Este evento, que comezará ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, contará coa dirección de Paul Daniel e acompañará á artista a Real Filharmonía de Galicia, con pezas de Héctor Berlioz e Ludwing Van Beethoven.

Esta cantante estivo nos principais escenarios de ópera de todo o mundo, é unha das máis activas recitalistas, ademais de participar en festivales de jazz e ter un amplo repertorio orquestral. Dende os seus comezos, realizou máis de 70 grabacións, baixo a batuta de directores como Barenboim, Davis, Karajan, Maazel ou Mehta.

LABOR HUMANITARIA

A súa traxectoria artística está intimamante ligada a súa labor humanitaria, xa que dende o ano 1987 colabora de maneira activa co Alto Comisionado para os Refuxiados de Nacións Unidas como Embaixadora de Boa Vontade, visitando campos de refuxiados por todo o mundo. En 1998, creou a “Fundación Barbara Hendricks para a Paz e a Reconciliación”, que ten como obxectivo a prevención de conflictos no mundo e a busca da reconciliación.

Barbara Hendricks, ao longo da súa carreira, recibiu numerosas distincións tanto pola súa labor artística como pola humanitaria, pero entre todos eles está o Premio das Artes da “Fundación Príncipe de Asturias”, pola súa defensa dos dereitos humanos e pola contribución da súa labor artística ao patrimonio cultural da humanidade.

A entradas para este concerto poderanse adquirir, ao prezo de 18 euros, na rúa do Hórreo, número 61 ou nos depachos do propio Auditorio de Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información