Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O presidente da Xunta de Galicia visitou a mostra de ensinanzas artísticas e de idiomas Educarte 05

O titular do Executivo galego visitou esta mañá, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, a Mostra de Ensinanzas Artísticas e de Idiomas EducARTE 05, que reunirá na capital galega ata o sábado a máis de 400 profesores e arredor de 8.000 estudantes de Ensinanzas de Réxime Especial. No seu percorrido, Manuel Fraga estivo acompañado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Celso Currás.

No marco de EducARTE 05 desenvolverase ademais I Congreso de Ensinanzas Artísticas (días 3 e 4), dirixido ao profesorado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que imparta Educación Plástica, Debuxo ou Música, así como a docentes de Artes Plásticas e Deseño, Música e Artes Escénicas.

O principal obxectivo do certame que hoxe abre as sús portas é dar a coñecer á sociedade galega a ampla e variada oferta de ensinanzas de idiomas, artes, música, deseño, restauración de bens culturais e danza existente na Comunidade.

TODAS AS DISCIPLINAS NUN MESMO ESPAZO

Os datos indican que en Galicia preto de 16.000 alumnos cursan estudos de Música, algo máis de 20.000 fano nas Escolas Oficiais de Idiomas, e hai case 1.400 alumnos de ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño, de aí a importancia de realizar unha mostra das Ensinanzas de Réxime Especial. O certame está dirixido, prioritariamente, ao alumnado de 3º e 4º de ESO, e de 1º e 2º de Bacharelato e de Ensinanzas de Réxime Especial, pero tamén se estende a outros niveis educativos, ás asociacións e, en definitiva, a toda a sociedade.

EducARTE 05 estrutúrase en tres áreas: Artes plásticas e Deseño; Música e Artes Escénicas (Danza e Arte Dramática), e Idiomas, e alberga 17 pavillóns dedicados ao deseño, fotografía, e escultura, así como a talleres de serigrafía, gravado, cerámica e xoiaría. Durante catro días, o certame incluirá concertos das orquestras dos Conservatorios Profesionais de Música Galegos, e actuacións de alumnos e profesores do Conservatorio Profesional de Danza.

Polo que se refire aos idiomas, hai talleres de trabalinguas e contacontos en diferentes idiomas, unha mostra de materiais de aprendizaxe a través da web, e actuacións teatrais, entre outras actividades. Ademais, realízanse exposicións de diversos traballos participantes en programas europeos de centros educativos galegos. Nunha área adicional, ofrécese orientación profesional, así como información sobre a formación do profesorado, os programas europeos, a educación de persoas adultas e o Proxecto SIEGA de novas tecnoloxías.

ARTISTAS DE PRESTIXIO INTERNACIONAL

Artistas de prestixio internacional e recoñecidos expertos en todos os ámbitos das artes e da música participarán nesta mostra, organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Desta a presenza do pintor manchego Antonio López; o teórico da arte e catedrático de Debuxo na Universidade de Barcelona, Lino Cabezas Gelabert; o ilustrador e debuxante Miguelanxo Prado; o director da Joven Orquesta Nacional de España, José Luís Turina; e o profesor da Escola das Artes da Universidade Católica de Porto, José Paulo Antunes, entre outros.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información