Unha resposta ao manifesto da CIG
1
MANIFESTO EN DEFENSA DA LIBERDADE DE ENSINO
Unha resposta ao manifesto da CIG
As organizacións CECE - GALICIA, EDUCACIÓN E XESTIÓN, ACESGALICIA
e os sindicatos FSIE e USO lamentamos que pola organización
sindical CIG a única proposta presentada para a suposta defensa e
mellora do ensino público consista nun manifesto preñado de falsidades,
inexactitudes e datos manipulados sobre a realidade do ensino
concertado. Entendemos que a pretensión da CIG de suprimir os
concertos educativos supón a eliminación dun dereito fundamental como
é á liberdade de elección de centro docente, o que ocasionaría, entre
outras consecuencias, á supresión de máis de 7000 postos de traballo
directos.
Perante isto, as organizacións citadas manifestamos o seguinte:
Primeiro.- Queremos transmitir á opinión pública que a pretensión da CIG
esixe a modificación do artigo 27 da Constitución Española. Tanto a nosa
Constitución como o Dereito Internacional recollen o dereito dos pais a elixir
colexios diferentes dos creados polas autoridades públicas, e facer que os seus
fillos reciban a educación que estea de acordo coas súas propias conviccións1.
Deste xeito a Constitución Española sanciona a existencia dunha rede dual e
complementaria de centros , co gallo de exercitar o dereito de liberdade de
ensino na súa vertente de liberdade de elección de centro.
Esta e non outra é a finalidade dos concertos educativos, e non o feito de
cubrir as carencias de postos escolares que a pública non poida dotar. Por isto
a existencia de axudas públicas aos centros concertados nin é inmoral nin é
escandalosa: é nada mais e nada menos que o instrumento para o exercicio
dun dereito constitucional. A garantía de que as familias poden elixir centro
educativo sen condicionamentos económicos de ningún tipo. A liberdade de
escoller entre a escola pública e a escola de iniciativa social é un factor de
calidade, porque:
1 Artigo 13 do PACTO INTERNACIONAL SOBRE OS DEREITOS ECONÓMICOS, SOCIAIS E
CULTURAIS de 16 de decembro de 1966, en vigor en España dende o 3 de xaneiro de 1976,
de conformidade co art. 27 da Constitución Española. A DECLARACIÓN UNIVERSAL DE
DEREITOS HUMÁNS recolle que “Os pais teñen o dereito preferente a elixir o tipo de
educación para os seus fillos” (art. 26.3) e a Resolución do Parlamento Europeo sobre a
liberdade de ensino, de 1984, di: “O dereito á liberdade de ensino implica a obligación para os
Estados membros de facer posible tamén sobre o plano económico o exercicio deste dereito, e
acordas para as escolas as subvencións públicas necesarias para o exercicio da súa misión, e
a realización das súas obrigas en condicións iguais ás que beneficias aos establecementos
públicos”. Por último, a CONSTITUCIÓN EUROPEA no seu artigo II-74 recoñece que o dereito
á educación inclúe a facultade de recibir gratuitamente a ensinanza obrigatoria, e recoñece
asemade entre outros o dereito dos pais a garantizar a educación e o ensino dos seus fillos
conforme as súas conviccións relixiosas, filosóficas e pedagóxicas.
2
o Clarifica os obxectivos e as estratexias da escola. A elección forza á
escola a dotarse dun proxecto, facéndose máis eficiente.
o Estimula a competencia e a eficacia. A liberdade promove a autonomía e
a creatividade.
Restrinxir a liberdade de elección non ten sentido nunha sociedade plural e
democrática, e este tipo de monopolio sería xulgado intolerable se fose
aplicado a outros sectores, como por exemplo á prensa.
Segundo.- Di o artigo 75 da LOCE: “Los centros privados que, en orden a la
prestación del servicio público de la educación y a la libertad de elección del
centro impartan las enseñanzas declaradas gratuitas en la presente ley podrán
acogerse al régimen de conciertos”.
É falsa a contraposición entre o público como “o bo, o democrático, o
plural”, e o privado como “antidemocrático, retrógrado”. A diferenciación entre
centros públicos e centros privados está regulada nas leis exclusivamente en
función da titularidade dos centros. Son centros públicos aqueles cuxa
titularidade a ostenta unha administración pública. Non son nin mellores nin
peores só por iso.
A regulación legal aplicable na maioría dos aspectos, dirixida a “centros
sostidos con fondos públicos” é en consecuencia a mesma para os centros
públicos e os centros concertados, e o mellor exemplo diso é a normativa sobre
admisión de alumnos. Sendo a regulación idéntica non cabe facer afirmacións
gratuítas e falaces como que na escola de iniciativa social “se selecciona ao
alumnado”. Non se pode seleccionar alumnos coa normativa de admisións
existente, e de ser esto posible, que non é, sería tan posible na escola pública
como na escola concertada.
Por outro lado, as obrigas ás que se somete un centro privado cando
accede ao concerto educativo están establecidas expresamente en diferentes
normas con carácter de normativa orgánica (por canto se regula, insistimos, un
dereito fundamental). Estas leis desenvolven, entre outras cousas, os órganos
de goberno dos centros concertados e as súas competencias, sobre os que
tamén tivo ocasión de pronunciarse o Tribunal Constitucional. A subscrición do
concerto educativo non converte a un centro de iniciativa social nun centro
público. Asemade, os centros concertados están sometidos ao control
financeiro que as disposicións vixentes atribúen á Intervención Xeral da
Administración do Estado ou órgano equivalente das Comunidades Autónomas
(Art. 41 RD 2377/1985). Os centros concertados son sometidos con frecuencia
a auditorías estatais que amosan o correcto funcionamento dos mesmos.
Remitímonos aos resultados das mesmas.
Terceiro.- Tamén e falso que os centros concertados sexan entidades
con ánimo de lucro. Os centros concertados por imposición legal non poderán
ter carácter lucrativo (Art. 51 LODE),e teñen estrictamente regulados os
ingresos que poden percibir. Por iso a lei os asimila as entidades benéfico
3
docentes e gozan dos mesmos beneficios que estas (Art. 50 LODE). A
existencia de centros concertados beneficia ás familias que poden elixir o tipo
de centro de ensino que queren para os seus fillos sen condicionamentos
económicos. Non existe beneficio económico nos centros concertados, polo
contrario o módulo económico para o sostemento con fondos públicos destes
centros é claramente deficitario, e non cubre o custo real do servizo educativo
que presta.
A realidade o día de hoxe e o ensino concertado escolariza ao 30,4% do
alumnado de ensinanzas obrigatorias pero percibe só o 12’3 do presuposto da
Consellería para ensinanzas non universitaria, que o custo medio do posto
escolar no ensino concertado é de 1.764 € e no público de 3.765 € 2, e que a
demanda social de postos escolares nos nosos centros non pode ser atendida.
E a pesares de todo isto, certos sectores pretendan facernos crer que o ensino
concertado é o causante de tódolos males do ensino galego.
Cadro que relaciona orzamento público e alumnos escolarizados.
A análise da táboa seguinte indica que porcentualmente destínase o triplo de
orzamento ao ensino público en relación co dedicado ao concertado3. E isto
sen contabilizar as partidas que destinan as administracións locais para os
centros públicos
% ORZAMENTOS
ENSINO NON UNIV.
Curso 2004/2005
% ALUMNOS/AS
ESCOLARIZADOS
Curso 2004/2005
% ORZAMENTOS
POR ALUMNO
CONCERTADA
12,3 30,4 0,404
PÚBLICA
87,7 69,6 1,260
0
20
40
60
80
100
CONCERTADA PUBLICA
% ORZAMENTOS % ALUMNOS ESCOLARIZADOS
% ORZAMENTOS E ALUMNOS
2 Fonte: Francisco Suárez Rupérez, sobre datos do MINISTERIO DE EDUCACIÓN (“Las cifras
de la educación en España, Edición 2004”). Segundo outros estudios, a diferencia é maior.
3 Fonte: “Las cifras de la educación en España. El Gasto en Educación.” (Edición 2004).
4
Cuarto.- Con relación á denominada paga extraordinaria por antigüidade,
a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10 de Outubro de
2002 declarou a responsabilidade da administración educativa con respecto ao
abono dese complemento salarial, e outras sentencias do Tribunal Supremo
sobre este mesmo asunto así o acreditan. Tódalas Comunidades Autónomas
coa excepción de Andalucía, Estremadura e Castela-A Mancha acadaron
acordos semellantes moito antes de que fora asinado o acordo subscrito en
Galicia.
Quinto.- Resulta así mesmo asombroso que unha organización sindical
reclame e promova un trato discriminatorio para os alumnos con necesidades
educativas especiais, segundo estean escolarizados nun tipo de centro ou
noutro. É incomprensible e absolutamente rexeitable a queixa deste sindicato
pola dotación aos centros concertados de orientadores e especialistas en
Pedagoxía Terapéutica o Audición e Linguaxe para atender aos alumnos con
necesidades educativas especiais que están escolarizados neles. Tamén
resulta inconcibible que un sindicato mantendo esta postura impida a creación
de postos de traballo.
Os alumnos de ensinanzas obrigatorias que cursan os seus estudios na
escola concertada teñen os mesmos dereitos que outros rapaces a que se
atendan as súas necesidades educativas, e non hai argumentación que poida
defender que se penalice a estes alumnos por mor do centro que elixiron.
Por outra banda, en canto á escolarización deste tipo de alumnos tamén
podemos aportar algunhas cifras:
ALUMNADO DE INTEGRACIÓN (curso 2002-2003
PÚBLICOS CONCERTADOS
RELACION ENTRE CENTROS E ALUMNOS ESCOLARIZADOS
Nº de CENTROS ALUMNOS/AS % CENTROS % ALUMNOS/AS
A análise da táboa indícanos que as porcentaxes de alumnos con necesidades
educativas especiais escolarizados nos centros concertados superan as dos
centros públicos se as relacionamos coas porcentaxes de centros.
Sexto.- En todo caso, reiteramos o dereito dos pais a elixir o tipo de
centro que desexan para os seus fillos. Do bo facer dos centros de iniciativa
social da razón a demanda de prazas que reciben. O demais son
descualificación gratuítas de quen carece de propostas en positivo para
mellorar o ensino que di defender. Lembramos de novo que máis de sete mil
traballadores prestan servicios neste sector en Galicia-
Sétimo.- Os datos aportados no documento elaborado pola CIG están
claramente manipulados e non respostan á realidade. Mostra disto é cando
mencionan o tema da supresión de unidades nos diferentes sectores. No
período que abrangue dende o curso 1995/1996 ata o curso 2004/2005, no
ensino concertado suprimíronse só en Educación Primaria o 16’2 % das
unidades, mentres que nese mesmo período no ensino público desapareceron
o 12’6%.
CURSO 1995-96 2004-05 Diferenza %
Público 6.237 5.447 790 2
UNIDADES Concertado 1.985 1.663 322 6,3
Público 123.200 85.627 37.573 13,8
ALUMNOS Concertado 51.215 37.260 13.955 14,6
A análise desta táboa demostra que sendo o descenso de alumnado superior
en menos dun punto no ensino concertado con respecto ao ensino público, o
descenso de unidades en funcionamento é superior en catro puntos no ensino
concertado con respecto ao público, sen entrar a valorar as ratios, que son moi
superiores no ensino concertado.
6
UNIDADES ESCOLARES
6.237
1.985
5.447
1.663
790
322
0
1.000
2.000
3.000
4.000
5.000
6.000
7.000
Ensino Público Ensino Concertado
1995-96
2004-05
Diferenza
% DE UNIDADES ESCOLARES SUPRIMIDAS ENTRE 1996 E
2005
16,22
12,66
0
5
10
15
20
ENSINO CONCERTADO ENSINO PÚBLICO
Outra proba desta manipulación de cifras é a inclusión no citado informe
sindical do nivel de Bacharelato como nivel concertado. Fronte á mención de
cantidades por valor de varios millóns de euros supostamente dedicados a
concertos de Bacharelato compre afirmarte que o nivel de Bacharelato nunca
estivo nin está na actualidade concertado en Galicia.
En canto a Formación Profesional Específica en Galicia, funcionan 713
unidades de Ciclos Formativos de Grao Medio no ensino público, e 98
unidades no ensino concertado. En Ciclos Formativos de Grao Superior
funcionan na escola pública 561 unidades fronte a 48 no ensino concertado5.
Oitavo.- En canto as sospeitas que pretenden verter sobre este colectivo
con acusacións xenéricas e gratuítas, só temos que sinalar que as denuncias
en materia de incumprimento do réxime de concertos deberán presentarse
perante as Delegacións Provinciais, e non nos periódicos. Parece que a
5 Fonte: Plan Galego de Estatística. Datos e Cifras da ensinanza non universitaria en Galicia.
Setembro de 2004.
7
pretensión da CIG é espallar sospeitas infundadas sobre o sector do ensino de
iniciativa social co único fin de defender a súa concepción sectaria e totalitaria
do ensino.
CONCLUSIÓNS:
A CIG non pode limitar o lexítimo dereito dos pais a elixir o centro
educativo e o tipo de ensinanzas que desexan para os seus fillos. Para
iso a Constitución demanda a existencia dunha rede dual e
complementaria de centros, e esixe tamén que os poderes públicos
axuden a os centros que reúnan os requisitos impostos pola leis. O
financiamento público que os centros concertados perciben é unha
contraprestación correspondente ao servizo de interese público que
prestan.
A realidade é que, dedicando a Consellería de Educación o 77 % do seu
orzamento ao ensino non universitario, o ensino concertado percibe só
o 12’3% deste orzamento , cando escolariza non obstante ao 30’4 % do
alumnado de ensino obrigatorio da nosa Comunidade. As cifras
presentadas pola CIG son falsas e chegan a conclusións falsas, pois
entre outros exemplos que descualifican os seus datos recollen unha
serie de cantidades que supostamente se dedican ao financiamento do
Bacharelato, nivel que nunca estivo subvencionado ni concertado en
Galicia. Duplican as cantidades dedicadas ao ensino secundario, omiten
a diferencia de unidades en funcionamento no nivel de Formación
Profesional Específica e curiosamente evitan citar en todo momento a
cantidade que percibe a escola concertada en comparación co
financiamento dedicado ao ensino público non universitario.
O módulo para o sostemento de centros concertados con fondos
públicos é deficitario, a así o amosaron tódalas auditorías que se veñen
desenvolvendo no Estado sobre centros concertados.
O feito de que a escola de iniciativa social sexa demandada polas
familias só significa que, fronte a este tipo de argumentos demagóxicos,
e tendenciosos, as familias recompensan o bo labor educativo que se
desenvolve na escola concertada, premiando así o esforzo de todos os
que traballan neste sector.
Defendemos e defenderemos que se mellore a dotación orzamentaria
para a escola sostida con fondos públicos ( para os centros públicos e
os centros concertados) co fin de dotar a tódolos centros dos recursos
necesarios para ofertar un ensino galego de calidade, e que sexan os
pais os que opten libremente polo modelo educativo que desexan.
CECE-Galicia, Educación e Xestión, FESIE e USO