A mostra fotográfica de Xosé Collazos, O retratista de Matamá, reabre a tempada de exposicións temporais no Museo do Pobo Galego
O retratista de Matamá, Xosé Collazos Toro, nace no Concello de Laza no ano 1886 e morre no mesmo concello en 1972. Emigrou por primeira vez a Cuba, onde aprendeu a fotografar, cando tiña 18 anos. As fotografías realizadas na comarca da Laza son documentos antropolóxicos únicos, que reflicten a vida cotiá dunha comunidade ó longo dun dilatado período histórico. A escaseza de medios coa que foron feitas, non lle resta valor ó particular punto de vista autor, nin á calidade formal dos retratos.
A idea de levar adiante este proxecto expositivo xorde, como explica a comisaria, Nieves Amado, dentro da corrente xeral de revalorización que, como documentos visuais únicos, sobre a vida e costumes dunha comunidade particular neste caso, acada actualmente a fotografía histórica. A comisaria da exposición, deseñou esta mostra seguindo un fío argumental, facendo un percorrido pola vida do fotógrafo; as seccións nas que está dividida, dan testemuño da súa vida privada e pública, como traballador do retrato nas festas, romarías ou eventos políticos.
A desaparición das placas ou negativos dos documentos visuais, fixo posible a colaboración de case cincuenta familias e veciños da comarca de Laza e Verín, prestando as súas copias para esta exposición, co valor engadido de facerse participes activos da rememorización da súa historia, protagonizando ese renovado interese pola revalorización de todo aquel patrimonio que forma parte da historia dunha comunidade de sentido.

Comunicación Museo do Pobo Galego