Os escritores galegos renden homenaxe ao Museo do Pobo Galego
Neste ano e na segunda edición da iniciativa, a entidade homenaxeada é o Museo do Pobo Galego de quen a AELG subliña o seu intenso traballo a prol do noso patrimonio cultural e identitario. A AELG, cuxas asembleas e actividades acolle desde sempre o propio Museo, encargou ao Presidente da Real Academia Galega a laudatio da institución homenaxeada nun acto que vai congregar en Compostela, no Auditorio do propio Museo, á directiva da AELG, aos seus socios e socias, aos diferentes membros do Padroado do Museo do Pobo Galego e a numerosas personalidades da vida cultural e social galega como Salomé Álvarez (Vicepresidenta segunda do Parlamento), Senén Barro(reitor da Universidade de Compostela), Bautista Álvarez (Fundación Bautista Álvarez),Teresa Táboas (Decana-Presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), Luís Bará(Concelleiro de Cultura de Pontevedra), Mª Xosé Jamardo(Mesa pola Normalización Lingüística), Xoan Costa Casas (Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Carlos del Pulgar(Nova Galicia Edicións), Xosé Agrelo(Edicións Toxosoutos),Avelino Pousa Antelo(Fundación Castelao), Néstor Rego (Concelleiro de Cultura de Santiago de Compostela), Xosé Manuel Beiras, Anxo Quintana, Xesús Seixo (Secretario Xeral da CIG), Xaime Bello (Vicepresidente da Deputación da Coruña). Á parte confirmaron a súa asistencia outras personalidades relevantes do panorama das letras galegas como Mª Xosé Queizán, David Otero, Salvador García Bodaño, Xoan Xosé Fernández Abella, Euloxio R. Ruibal e Bernardino Graña.
O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976 e ten a súa sede no convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela. É un museo que conserva e estuda a nosa cultura espiritual e material e que tamén organiza exposicións, cursos, congresos, etc.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega ten desde este ano un novo equipo directivo presidido polo poeta ourensán Cesáreo Sánchez e do que tamén forman parte Marica Campo, Marta Dacosta, Anxo Gómez, Xerardo Méndez, Isidro Novo, Antía Otero, Xabier Queipo, Mercedes Queixas, Carlos Quiroga, Henrique Rabuñal e Marga Romero.

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)