Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

'Ollo á orella', unha mostra sobre 'o son que se escoita, o son que se mira e o son que se intúe'

Foi presentada este xoves aos medios de comunicación nunha rolda de prensa na que participou o docente xunto co alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o director xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez.

Ollo á orella reúne propostas de Ana Gesto, Elena Matamoro, Berio Molina , Macarena Montesinos, Acacia Ojea, Alejandra Pombo Su, Anxo Rodríguez e ULOBIT (Xoan Xil, Horacio González, Ariel Ninas), cuxos traballos se sitúan entre a arte sonora, o audiovisual, a instalación e a performance. Este proxecto constitúe a segunda colaboración entre a Universidade de Vigo e Fundación Laxeiro, no marco do convenio en virtude do que se inclúe un proxecto expositivo vencellado á Facultade de Belas Artes, como parte da programación anual de exposicións temporais da fundación. A maiores, esta mostra conta tamén coa colaboración de Vertixe Sonora, enmarcándose dentro do programa Vertixe12.

Ademais do nexo común de seren egresados e egresadas de diferentes promocións de Belas Artes, o que realmente une a estes dez creadores e creadoras é que o son é un compoñente determinante no seu traballo, aínda que este non sexa de fácil adscrición. Así, Ollo á orella comprende arte sonora, accións, imaxes, vídeos, instalacións, esculturas,… mesmo música. O proxecto fai fincapé nas posibilidades plásticas do son como linguaxe e tamén como ruído, xa que como destaca o profesor Barcia, “o son pode ser un elemento máis, pode ser o “fondo” ou a “figura”, mesmo pode ser o marco, un resto, unha carga de significación, ou presentarse como alusión ou posibilidade, permanecer latente nun obxecto ou nunha imaxe para que o escoite quen o poida ver”.

Relacións que modifican o espazo expositivo

Espazo e tempo conflúen en Ollo á orella nunha montaxe composta por vídeos, debuxos, gravacións, obxectos, documentos, instalacións, e intervencións efémeras que se programarán en diferentes momentos ao longo da duración da exposición, entre as que se executará unha acción colectiva realizada pola totalidade dos e das artistas participantes. O resultado é unha mostra heteroxénea de traballos de artistas con proxectos moi diferentes, pero que se conxugan con sorprendente facilidade e coherencia, reunidos por un certo aire de familia que os envolve, mediante o establecemento de relacións que modifican o espazo expositivo, non só na súa materialidade, senón tamén na súa configuración sonora.

O proxecto propón un achegamento á experiencia estética mediante conexións entre o visual e o auditivo, unha experiencia próxima ao fenómeno da sinestesia á que o seu título, dalgún xeito, quere facer referencia: Ollo á orella é unha invitación á contemplación que non se limita ao feito visual, senón que se estende ao feito sonoro, mais tamén a un achegamento ao visual dende unha actitude máis próxima ao feito de escoitar que ao de mirar. Prodúcese así unha certa impugnación dos límites da percepción convencional, de xeito que, tanto a intencionalidade do que se elixe ver, como a imposibilidade de selección do audible, deixan de ser elementos definitorios e a experiencia amplíase mediante a posta en cuestión destas categorías, a partir das que, dunha forma ás veces intencionada e ás veces casual, suxiren a posibilidade dunha nova maneira de escoitar e tamén de ver.

Colaboración estable UVigo-Fundación Laxeiro

Ollo á orella é a segunda actividade que se fai no marco do convenio asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo e que permite normalizar unha colaboración que dende os inicios da Fundación Laxeiro, se levaba a cabo dunha forma máis ou menos espontánea e non regulamentada. A primeira proposta ao abeiro do acordo foi a exposición O que hai, obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade, un proxecto que incidía na situación das prácticas artísticas despois do boom do apoio institucional á arte contemporánea a finais do século XX e na primeira década do século XXI.

Esta segunda iniciativa, Ollo á orella, inaugurarase oficialmente mañá venres, ás 19.00 horas na seda da Fundación Laxeiro, na rúa Policarpo Sanz 15, cunha acción sonora colaborativa a cargo do elenco de artistas participantes na exposición. Poderá visitarse ata o 12 de xaneiro.
Universidade de Vigo (UVigo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información