Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O festival de cinema Curtocircuíto chega ao Campus de Santiago con numerosas actividades gratuítas

A primeira das actividades na axenda do festival na USC responde á convocatoria do I Premio Especial Cátedra Cruz Roja – USC, que cunha dotación de 1.500 euros recoñece pezas con contido destacable no campo da diversidade entre as persoas maiores. O premio será para a película que o xurado -composto polo subdirector da Cátedra, Onésimo Juncos-Rabadán, o profesor da USC Jorge García-Marín e a artista, curadora e investigadora de prácticas sonoras Acacia Ojea- considere fai unha mellor laboura de difusión ou reflexión sobre este temática.

Será o luns 30 de setembro, ás 17:00 horas no Salón de actos da Facultade de Psicoloxía, cando se proxecten as 4 pezas seleccionadas. Ao remate haberá un coloquio co estudantado presente no que participarán o director da Cátedra, Arturo X. Pereiro; a decana da Facultade de Psicoloxía, M. José Sampedro; o director de Curtocircuíto, Pela del Álamo; a directora da peza ‘Pura’ a concurso nesta sección, Carmen Méndez, así como os membros do xurado Onésimo Juncos e Jorge García Marín.

Ciencias da Comunicación

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación será tamén o escenario de actividades, en colaboración co Clube de cine Facom. Así, o 2 de outubro ás 13:00 horas haberá a proxección dunha selección de pezas de Novas Narrativas da Animación e un coloquio cos asistentes. Xa o xoves 3 á mesma hora terá lugar un encontro co cineasta Berto García, enmarcada na Sección Terra do festival. Por último, o venres 4 ás 10.00 horas haberá unha proxección dunha selección de pezas relevantes nas 21 edicións do certame.

IGFAE

O Art.Lab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) abriu este ano unha vía de colaboración co festival grazas á cal o sábado 5, ás 12.00 horas no Salón Obradoiro do Hotel NH Collection Santiago, haberá unha mesa redonda para reflexionar sobre ciencia e arte. Nela participarán o director do IGFAE, Carlos Salgado; a responsable do Departamento de Cultura Científica do CSIS – Galicia, Luisa Martínez, e o artista e investigador sonoro Xoan Xil moderados por Acacia Ojea.

Outras colaboracións

Ademais destas citas na axenda, o festival continúa coas distintas colaboracións doutros anos, como co Grao en Ciencias da Educación para o programa das seccións CRIATURAS e TEENGAE RIOT, nas que xa están anotados case 1.500 escolares, que serán as mañás dos días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro no Teatro Principal e no Auditorio de Abanca.

Por outra banda, co apoio de INCOLSA mantense a sección OUTRACOMPOSTELA de creación audiovisual para amosar outras olladas sobre a cidade, coa novidade de que nesta edición o concurso xa non está limitado ao alumnado de Ciencias da Comunicación senón que se abre a toda a comunidade universitaria.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información