Ciclo de conferencias sobre a figura de Prisciliano no Ateneo de Ourense
Escritor de multitude de libros e artigos entre os que aborda, entre moitos outros temas, a relación entre Cristianismo e Galeguismo ou entre Cristianismo e Ecoloxía. Destacamos as seguintes obras sobre o tema: “Prisciliano na cultura galega.Un símbolo necesario” Ed.Galaxia (2010). “Prisciliano e o Priscilianismo. Da condena á rehabilitación” Ed.Biblos (2012) ou “Prisciliano, cun cristâo livre na cultura galaico-portuguesa” Ed.Novembro (2017).
Na conferencia tratará da relevancia histórica e o pensamento renovador que supuxo a figura de Prisciliano, bispo hispanorromano do século IV, fundador dunha escola ascética, de talante libertario, precursor do movemento monacal e oposto á xerarquía eclesiástica dominante.
As súas ideas, tras a súa condena a morte, mantivéronse en vigor dous séculos máis grazas aos seus seguidores
Iremos publicando información das distintas conferencias que van ter lugar. Sen dúbida vai ser unha oportunidade única de acercarse á figura de Prisciliano da man dos mellores coñecedores do tema.
Será o vindeiro mércores 18-9-2024 na sede provisional do Ateneo, rúa do Progreso 30, Centro Cultural Marcos Valcárcel

Ateneo de Ourense