Catro días para botar unha ollada á historia, a arte e as tradicións de Ourense
Na inauguración da actividade, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, destacou que estes cursos de verán, que contan co apoio da Deputación de Ourense, “permítennos achegar a universidade a toda a provincia”. Pola súa banda, Julio Prada, decano da Facultade de Historia, agradeceu o esforzo do profesorado do centro na realización deste tipo de actividades extra-académicas e de extensión universitaria. Xosé Ramón Campos, profesor da Facultade de Historia e director do curso co apoio de Juan Galiña e Tania Pérez, subliñou pola súa banda que esta proposta celebra a súa segunda edición despois da boa acollida que tivo o pasado ano. A actividade, indicou, conta con relatorios de divulgación científica nos que se expoñen investigacións relacionadas coa provincia de Ourense realizadas pola comunidade universitaria do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da UVigo e tamén por investigadoras e investigadores externos.
Da prehistoria á actualidade
O curso ten un carácter multidisciplinar e nel faise un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte, a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, desde a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos como artísticos e etnográficos. Alén de charlas no campus de Ourense, algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados polo centro da cidade de Ourense e lugares históricos e arqueolóxicos da comarca da Limia, Baixa Limia e Ribeira Sacra.
A programación empezou no campus este martes cunha conferencia do catedrático emérito da Universidade de Vigo Jesús de Juana sobre as orixes intelectuais ourensás da Xeración Nós. “Hai moita xente que cree que esta gran xeración, que foi a máis importante intelectualmente falando de Galicia, xurdiu da nada e non é así”, apuntou o historiador. Así, na súa intervención fixo un repaso polo antecedentes, por “grandes intelectuais que houbo en Ourense desde aproximadamente mediados do século XIX, co nacemento do que se chama a cultura burguesa, e a reforma que se fai do estado liberal, a creación do Instituto e a Escola Normal”. Tras falar desta xeración do Instituto achegouse á do Rexurdimento, con Lamas Carvajal á cabeza, para acabar falando da Xeración Nós. Porén, o relator tamén falou dun grupo posterior, ao que denominou xeración do Posío, por escribir nunha revista do mesmo nome nada en 1954. “Tamén se esquece, de xeito inmerecido, que despois de Nós hai outra xeración moi interesante literaria e intelectualmente falando que é a do Posío, a de Ángel Valente, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, etc”, afirmou.
Tras esta conferencia de Jesús de Juana seguiron outras de Beatriz Vaquero sobre os notarios ourensáns na baixa Idade Media; de Xosé Ramón Campos sobre a pegada ourensá na cultura galega en Venezuela e sobre o cinema en Ourense, con Daniel Barredo. Nos vindeiros días continuará a actividade achegándose a un amplo abano de temáticas, desde a minaría galaico-romana de ouro e estaño en Ourense ata a configuración do relevo da Ribeira Sacra.

Universidade de Vigo (UVigo)