Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A MESA lamenta que a lexislatura termine sen que se aplicase ningunha medida do plano xeral de normalización da lingua galega (PXNL)

O pasado mes de setembro foi aprobado por unanimidade no Parlamento Galego o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL). Cando se presentou publicamente, o Goberno comprometeuse a aplicar as primeiras medidas do PXNL no mes de marzo. As semanas pasaron e o Goberno volveu mostrar a súa desidia ao ser incapaz de pór en marcha ningunha das medidas aprobadas hai xa sete meses e que corresponden a un proceso iniciado hai tres anos. O Goberno de Manuel Fraga Iribarne utilizou o PXNL como mera propaganda, maquillaxe “galeguista” para tentar camuflar un dos momentos máis apáticos da política lingüística autonómica.
A Mesa valora moi negativamente os resultados desta lexislatura no referente á situación social da lingua galega. Os escasísimos adiantos que se produciron foron a remolque da presión social e a pesar da propia Xunta de Galiza.
No Partido Popular son conscientes do progresivo retroceso da lingua galega, coñecen as estatísticas existentes, mais negan a evidencia dos datos empíricos e afirman que o galego vai ben. Negan o evidente porque as estatísticas afirman sen ambigüidades a perda de falantes e deixan translucir que só cunha política decidida e coa colaboración necesaria de todas e todos se pode corrixir a decadencia presente. Hai que lembrar que,segundo as estatísticas, o período de maior perda de falantes da historia da lingua galega se produciu durante o goberno de Manuel Fraga Iribarne. Nestes últimos quince anos, duplicouse a cifra de persoas que abandonaron o uso habitual do galego.
A política lingüística do Partido Popular é, para o idioma galego, un fracaso pensado e buscado. Despois de tres lustros non poden mostrar resultados favorábeis porque non os teñen. A súa incompetencia neste ámbito é un bo termómetro da súa incompetencia noutras esferas da súa xestión.

Desconvocada a mobilización do día 19 de maio

Ante a convocatoria de eleccións e a posibilidade dun novo goberno que saia das urnas o próximo 19 de xuño, as Mocidades da Mesa decidiron desconvocar os paros estudantís proxectados para xusto un mes antes. Através destes paros pretendíase demandar o pleno cumprimento do Decreto 247/95 e a aplicación para o curso próximo do articulado polo PXNL no referido ao ensino, onde se indica que cando menos o 50% da docencia debe ser en galego. O actual Goberno decidiu non dar ningún destes pasos e, así, corresponderalle ao novo Goberno levar adiante estes pasos tan necesarios para que o idioma que nos une teña futuro.

A Mesa pola Normalización Lingüística

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información