A Aula de Teatro da USC desenvolverá ao longo do mes de abril unha intensa actividade escénica
Cinco compañías universitarias presentarán no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo outras tantas producións artísticas do 15 ao 19 de abril no marco da trixésima edición do Festival de Teatro Universitario. As representacións teatrais programadas, a cargo das compañías USC-Lugo, USC-Santiago e ‘Vaites Vaites’, formada por alumnado do IV Ciclo da USC, grupo Maricastaña, da Universidade de Vigo, e o grupo de teatro da Universidade Pública de Navarra, comezarán ás 20.30 horas. Todas as funcións son de acceso libre e gratuíto para todas as persoas interesadas.
Unha semana máis tarde, desenvolverase en Santiago a XXII Mostra de Teatro Universitario de Galicia, coa participación das compañías da USC Calopsia Teatro, El Enredo, Brinco de Venus, Compañía de teatro da USC-Campus de Lugo e Aula de Teatro da USC, o grupo Maricastaña e a compañía independente da USC LaBarata Producións. As obras dos días 22, 23, 24 e 30 de abril serán ás 20:30 horas no Teatro Principal, mentres que as funcións dos días 26, 27 e 29 serán na Sala Roberto Vidal Bolaño ás 21:00 horas. A entrada é tamén de balde, previo paso pola billeteira.
Actividades complementarias
O programa para este mes de abril contempla tamén os obradoiros de arte escénica, que iniciará en Compostela Rebeca Montero cun de interpretación entre os días 10 e 14 de abril e continuará con outro de clown da man de Marián Bañobre entre o día 17 e o 21. En Lugo, Ana Vallés dirixirá os días 20 e 21 de abril un sobre creación escénica. O prazo de inscrición en liña nestes obradoiros está xa aberto a través dos enderezos marea.cultura@usc.galailto: para os de Santiago e cultura.lugo@usc.es para o de Lugo.
Este abril escénico complétase coa iniciativa participativa ‘EscaparArte’, que contempla a intervención de diversos artistas en distintos escaparates de establecementos comerciais do casco histórico de Lugo. As persoas interesadas en tomar parte neste manifestación artística, que se desenvolverá o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas, poden formalizar a súa solicitude a través de escaparte@usc.es.
Por último, ‘Variacións Goldberg sobre homes, cans e Matías Galetto (con doble “t” de trava, hijo de puta)’ é o título da obra que estreará o 16 de abril a Escola de Teatro da USC como parte do exercicio final. Haberá dous pases, ás 19:30 e ás 20:30 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)