'Fugas e Interferencias' busca seguir promovendo a investigación sobre performance
As comunicacións seleccionadas inseriranse nas diferentes mesas deste evento académico e recolleranse á súa vez na publicación dixital resultante de cada edición do congreso.
Nas súas oito edicións previas, o congreso fixo posible a publicación de máis dun centenar de estudos de investigadores e investigadoras dunha decena de países. “Non atopamos precedente dentro do mundo académico español e europeo que poida ofrecer un corpus de coñecemento en performance como o que, de maneira aberta e gratuíta, ofrece Fugas e Interferencias”, sinala o profesor Carlos Tejo, codirector deste congreso xunto coa investigadora Marta Pol. “É realmente un gran mérito ter podido reunir máis de 100 relatorios”, engade este docente e investigador, que lembra que as comunicacións son seleccionadas por un comité científico “formado por prestixiosas personalidades dentro campo da performance, tanto de España como do estranxeiro”.
As publicacións sobre performance, novo eixe de análise
Ata o 22 de abril permanece aberto o prazo de presentación de propostas de comunicacións, que deberán centrarse nun dos cinco eixes temáticos desta edición. Por unha banda, atópanse a reflexión teórica sobre a arte de acción e as súas “interseccións” con outras disciplinas, como a videoarte, o teatro ou a danza contemporánea, así como a súa relación co ámbito pedagóxico. Tamén se pon o foco nas “interaccións” co contexto político, prestando especial atención “á natureza da arte de acción desde a perspectiva de xénero”, e no comisariado de performance. A estas catro liñas súmase nesta edición un novo eixe de análise, o estudo das publicacións sobre arte de acción, “unha área de investigación escasamente divulgada”, a pesar de existir propostas "de gran calidade e relevancia intelectual”, recoñece Pol.
Reflexións e accións en dúas sedes
Nesta novena edición, o programa manterá a estrutura dos anos precedentes, na que as conferencias e mesas de comunicacións se combinan cunha serie de performances. “Isto permítenos manter un equilibrio entre as dúas caras da arte de acción”, sinala Pol, que destaca que o percorrido do congreso permitiu establecer “unha conexión a nivel internacional entre diversas universidades, centros de arte, comisarios, artistas e investigadores. Nesa mesma liña, Tejo subliña que “xa somos un referente europeo e latinoamericano na materia e debemos aspirar a seguir crecendo en calidade e excelencia”.
Neste 2024, o congreso manterá de novo a Vicerreitoría do campus de Pontevedra como sede da súa xornada inicial, na que contará de novo coas performances realizadas polo alumnado de Belas Artes, para logo trasladarse ao CGAC.

Universidade de Vigo